
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
O BNG considera que en base ao convenio asinado entre o Ministerio de Fomento e AUDASA en 2011 a concesionaria da AP-9 non pode legalmente impoñer unha segunda subida das peaxes en 2018 máis aló da ordinaria que entrou en vigor co arranque do novo ano.
Así o explicou o portavoz parlamentario de Infraestruturas, Luís Bará, citando a literalidade do punto sexto do convenio, no que para o Bloque queda claramente establecido que un incremento extraordinario das tarifas, -nestes caso polas obras de ampliación-, aplicarase simultaneamente coas revisións ordinarias de tarifas, algo que non se fixo e, polo tanto, non pode haber unha nova subida das peaxes na AP-9 ata 2019.
Bará tamén avanzou que o BNG vai pedir no pleno do Parlamento unha investigación sobre os convenios asinados entre o Ministerio de Fomento e AUDASA en 2011 e 2013, así como unha investigación das obras de ampliación tanto polo baile de cifras nos investimentos como polas condicións laborais totalmente abusivas, que mesmo teñen causado unha vítima mortal durante a ampliación de Rande.
Para levar a cabo esa solicitude de investigación a formación nacionalista recabará o apoio das outras forzas políticas da oposición, investigación que pode ser a través dunha comisión parlamentaria ou a través da realización dunha auditoría, ou mesmo a través da comisión bilateral da AP-9 Fomento-Xunta. Sería unha maneira de que demostrase que serve para algo, indicou o deputado, porque ata agora só é unha cortina de fume.
Declaramos iniciada a batalla de Rande para pararlle os pés a AUDASA, expresou simbolicamente o deputado por Pontevedra, insistindo en que o Bloque non renuncia a acabar coa estafa legalizada das peaxes, a reclamar descontos e bonificacións inmediatas nas tarifas, a conseguir a transferencia e xestión da AP-9 ou a supervisar a calidade dos servizos que presta a concesionaria. Bará tamén advertiu que, pese a inauguración, as obras de ampliación non están concluídas.
Foi unha inauguración irresponsable, escandalosa, unha provocación, porque as obras están sen rematar, indicou, sinalando que a ampliación ten as pasarelas sen habilitar, carece de iluminación a través de farolas, non están executados os accesos á parroquia de Chapela, por exemplo, nin tampouco as obras de urbanización e redución de ruídos, pese a que afecta á calidade de vida da veciñanza e mesmo a servizos educativos da zona.
O deputado lembra que na inauguración non estiveron presentes as alcaldías dos concellos do Morrazo nin Redondela e acusou ao PP, ao Goberno central e a Xunta de favorecer os intereses da concesionaria como levan facendo nos últimos anos. AUDASA desde Itínere co fondo especulativo americano Corsario como principal accionista exercen a piratería na Ría de Vigo para roubar o tesouro de Rande que, en contra do que parecía, non está no fondo do mar, ironizou.
Á subida do 1,9% da peaxe súmanse os incrementos da factura da luz, gas, gasóleo, teléfono ou no servizo de correos, todo sube, menos as pensións e os salarios, indicou a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.