
Nota de prensa del Foro Económico de Galicia:
A economía galega mantén, por oitavo trimestre consecutivo, un crecemento superior ao 3%, amosando no terceiro trimestre do ano unha taxa de variación interanual do 3,1% (unha décima menos que no trimestre anterior). Este feito consolida unha evolución semellante á da economía española que permite que sexan xa cinco os trimestres por riba da media do conxunto do Estado.
Dende o punto de vista da demanda, tanto a demanda interna como a externa presentan unha achega positiva, sendo a interna a que explica en maior medida o crecemento neste terceiro trimestre de 2017. Pola outra banda, no lado da oferta, todas as ramas de actividade presentan taxas de variación interanuais positivas, salientando a construción que se sitúa como o sector de maior crecemento da economía galega, cun incremento do 4,2%.
O mercado de traballo galego presenta un comportamento razoablemente positivo en termos cuantitativos atendendo á evolución dos principais indicadores laborais considerados. Non obstante, a súa evolución vese matizada polo seu peor comportamento en relación á media española, a paulatina caída da poboación activa de 25 a 34 anos, a elevada taxa de temporalidade, e o aínda elevado peso relativo do paro de longa duración.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.