Noticias

La cultura gallega conmemora el 70º aniversario de la publicación de Cómaros verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño

Instituciones culturales como la Real Academia Galega (RAG) o la Consellería de Cultura participaron en la jornada de conmemoración de los 70 años de la publicación de "Cómaros verdes". Esta obra de Aquilino Iglesia Alvariño, que se imprimió en esta villa en 1947, pasó a la historia como la primera de relevancia salida del prelo en la Galicia de la posguerra en gallego.

Nota de prensa de la Real Academia Galega (RAG):

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, participou na inauguración do encontro, no que tamén interviñeron con cadansúa conferencia os académicos Xesús Alonso Montero e Henrique Monteagudo. Aquilino Iglesia Alvariño protagonizou o Día das Letras Galegas de 1986.

Víctor F. Freixanes salientou a figura de Aquilino Iglesia Alvariño e Cómaros verdes como "primeira pedra do rexurdir" da edición en galego despois da Guerra Civil. "En 1947 Vilagarcía de Arousa converteuse en referencia e primeira luz de esperanza do libro galego", expresou o presidente da RAG, que se referiu tamén á etapa na que o autor viviu nesta vila, onde foi profesor do colexión León XII, e recordou a figura de Severino González, o libreiro e editor de Celta, que publicou desde Vilagarcía o libro que cumpre 70 anos.

A concelleira de Cultura, Sonia Outón, subliñou que a xornada que se desenvolve hoxe pretende recordar tanto ao escritor como ao editor de Cómaros verdes e, por derivación, "a unha xeración de vilagarciáns que, nunha época ben difícil, foi quen de contribuír a forxar boa parte do que é o carácter desta cidade".

O programa, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vilagarcía, contou pola mañá coas conferencias dos académicos Xesús Alonso Montero e Henrique Monteagudo e o profesor da Universidade de Vigo Xosé Manuel Dasilva, quen abordou a transcendencia da publicación desta obra. "Tal importancia ciméntase, á parte do prestixio do autor e a calidade da obra, no feito de que Cómaros verdes supuxo que se abrise a porta á aparición de máis obras en galego e tamén a varias iniciativas editoriais centradas en libros na nosa lingua, como por exemplo a Colección Benito Soto", explica Xosé Manuel Dasilva, que tratou tamén as vicisitudes da obra diante da censura franquista, que decidiu o secuestro da tiraxe íntegra do libro por carecer de autorización oficial.

Henrique Monteagudo subliñou na mesma liña a importancia da aparición de Cómaros verdes no silencio do franquismo e analizou a posición de Aquilino Iglesia na construción do galego literario a partir da súa propia poesía, caracterizada por un galego "rural moi rico", e doutros traballos, como o seu discurso de ingreso na RAG en 1949 sobre a lingua dos poetas do norte de Lugo -entre eles Noriega Varela ou Leiras Pulpeiro-, ou a súa visión da lingua de Cabanillas. O sociolingüista repasou tamén os condicionamentos do galego no momento no que desenvolveu gran parte da obra do homenaxeado, prohibido en Galicia e apoiado desde a emigración, e episodios como a súa participación frustrada na Historia de Galiza dirixida por Otero Pedrayo e editada en Buenos Aires, onde non se chegou a publicar o capítulo que lle encargaran sobre a lingua galega.

Xesús Alonso Montero centrou a súa intervención na tradución que Aquilino Iglesia realizou en 1951 das Carmina de Horacio (as Odas) que el verteu ao galego como Canciós. "El era partidario dun galego moi comarcal e enxebre, non sempre no mellor sentido. Nesta tradución, como el di no prólogo, desviste a Horacio da súa toga e faino camiñar polas corredoiras galegas", resumiu.

A xornada continuará pola tarde no Salón García (rúa Rey Daviña, 14) coas achegas de Armando Requeixo (Centro Ramón Piñeiro), Luciano Rodríguez (Universidade da Coruña) e Patricia Arias Chachero (IES Fermín Bouza Brey).

Fotografía: Real Academia Galega (RAG)

R., 2017-11-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (112-4.jpeg) O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.
Foto de la tercera plana (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES