
Nota de prensa del Consello da Cultura Galega (CCG):
Este ciclo analiza a relación da arte con outros campos de coñecemento, pero non ao estilo tradicional, tendo como emisor a arte, senón á inversa: interésanos saber como se achegan e ven a arte e a creación desde pensamentos máis ou menos estruturados. Destacados especialistas contarán o seu modo de achegarse á arte, colaborando con artistas ou realizando propostas de claro compoñente creativo. A dirección dos relatos non é desde, senón cara á arte, de xeito que é posible percibir distintas metodoloxías de achegamento e, posiblemente, análises e xuízos ben distintos. Non se trata dun intercambio de posición entre artistas e axentes implicados na arte, senón dunha recepción desde a arte dos criterios e maneiras de enfocar que teñen pensamentos alleos á xeración de obra artística.
Nesta primeira sesión, Entre o pensamento e a arte, reunimos tipos de pensamentos filosóficos ou intelectuais que tratan sobre a arte, pero que non son exclusivamente estéticos senón máis globais. Formulámoslles como punto de partida a idea de tradución: dunha lingua a outra, dunha imaxe visual a un relato, dunha proposta literaria a unha obra visual, ou a análise do propio sentido da tradución.
Un tradutor que sabe e controla a súa propia tradución, a súa profesión; un creador literario con demostradas capacidades reflexivas e expositivas ou un teórico especializado na para-tradución deben expoñer enfoques complementarios e suscitar debates. Ao fin e ao cabo, podemos pensar o artista como un suxeito tradutor, doador de sentido, que como executante da tradución nunca é inocente, porque a tradución nunca o é. Ou a lectura como unha nova escrita e unha nova interpretación
O relato está sempre aberto.
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.