Noticias

El presidente de la Xunta advierte en el Parlamento que los gallegos no serán los tontos útiles del independentismo catalán

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclama que los gallegos "no serán los tontos útiles del independentismo catalán" y ha advertido que "no van a usar a Galicia". "Ya les llega con utilizar al BNG", dijo en respuesta a la portavoz nacionalista, Ana Pontón, quien ha instado al presidente a aclarar qué papel va a jugar en el debate abierto para "superar el postfranquismo" y "el régimen del 78". El PPdeG estudia una posible reconversión de la declaración sobre Cataluña en una iniciativa para el debate.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional, Ana Pontón, pediu ao presidente da Xunta que defina a súa posición sobre o papel que debe xogar Galiza nun momento político “excepcional” no que está aberto o debate para superar o marco institucional herdado do réxime do 78.

“Gústelle ou non, hai un debate aberto para deixar atrás o post-franquismo e hai que decidir se Galiza vai ser protagonista ou mera espectadora”, interpelou Pontón na sesión de control ao xefe do Executivo, ao que fixo unha proposta para evitar que o país quede marxinado.

“Propóñolle crear unha ponencia parlamentaria para analizar o contexto actual e definir un novo marco institucional. Xa lle adianto o noso punto de partida para ese debate: democracia, dereitos avanzados e recoñecemento de Galiza como nación, convencidas de que precisamos poder político propio para mellorar a vida dos galegos e das galegos”, formulou Pontón.

“Nese debate as nacións van ter un papel clave, e vostede preside unha nacionalidade histórica, por iso pregúntolle a súa posición, vai defender nese debate, Galiza rexión? Díganolo, porque é clave para o futuro”, preguntou Pontón ante a falta de concreción do xefe do Executivo, quen replicou á dirixente do Bloque afeándolle as súas fotos con representantes do Goberno catalán.

“Non sei se cree que está en condicións de falar de fotos, quere que falemos das súas fotos cun narcotraficante pola Ría de Arousa, das súas fotos cun conseguidor ou das súas fotos coa patronal da sanidade privada?”, replicou. “Nunca ten unha posición de defensa de Galiza, sempre ten unha escusa, agora é Catalunya, pero pode ser calquera”, criticou.

“É lamentable telo como adalide da recentralización do PP, cómodo co retraso do AVE a Galiza, cómodo cun sistema que nos fai perder millóns de euros, cómodo mentres o Estado nós debe 150M€ en dependencia, pero prefire deixar aos galegos e as galegas na estacada antes de reclamarllos ao señor Rajoy”.

NoticiaPontón afondou nas “nefastas” consecuencias que ten para Galiza a involución democrática e a “brutal” recentralización iniciada polo PP desde Madrid “con vostede como fervente colaborador”.

“Unha involución democrática que empezou cos recortes en sanidade, en educación, nos servizos sociais, continuou co roubo de dereitos, coas contrarreformas laborais ou coa lei mordaza”, e esa mesma involución está detrás, -dixo-, “das cargas indiscriminadas contra un pobo que quería votar, na suspensión da autonomía de Cataluña e nas detencións de cargos públicos por unha audiencia Nacional que funciona ao ditado do PP, mesmo incumprindo a lei que tanto sacralizan”, denunciou.

Unha xustiza capaz de resolver en 24 horas a detención dun goberno pero que precisa unha década para resolver os casos de corrupción que afectan ao PP. “No Congreso, o instrutor da Gürtell afirmou que Rajoy cobrou diñeiro en B, pero isto non vai abrir os medios públicos e sempre lles queda o reprobado fiscal Maza”, ironizou.

A dirixente do Bloque fixo fincapé no feito de que a involución e a recentralización “afogan” o xa escaso autogoberno “de tal xeito que cada vez máis decisión se toman fora de Galiza e contra Galiza” coa “complicidade necesaria” de Feijóo. En consecuencia: a cidadanía perdeu dereitos e vive na precariedade, os galegos e galegas sofren cada día os recortes en servizos básicos, un sistema de financiamento discriminatorio, a estafa das peaxes na AP9 e espolio enerxético en lugar dunha tarifa propia para beneficiar a empresas e familias.

Pontón lamentou que Feijóo respondese con descualificacións á proposta de abrir un debate na Cámara para deseñar un novo marco institucional para Galiza e deixoulle un chío nas redes: “Confórmase con ser o tonto útil de Rajoy en contra dos galegos e das galegas”.

R., 2017-11-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES