Noticias

La capital de Galicia centra en el libro ilustrado el XIV Simposio sobre O libro e a lectura

O libro e a lectura. O libro ilustrado: outra forma de ler? es el título genérico del XIV Simposio que se celebra en la capital de Galicia, Santiago de Compostela, promovido por la Asociación Galega de Editores (AGE), con la colaboración de administraciones y la Asociación de Autores y Editores de Libros, Revistas, Periódicos y Partitura (CEDRO).

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago:

O mércores 8 de novembro comeza na Sede Afundación de Santiago o XIV Simposio "O libro e a lectura. O libro ilustrado: outra forma de ler?", organizado pola Concellaría de Educación e Cidadanía e a Asociación Galega de Editores (AGE), coa colaboración da Asociación de Autores e Editores de Libros, Revistas, Periódicos e Partitura (CEDRO) e a Deputación da Coruña. Neste encontro, que terá outra xornada o xoves, debaterase sobre a importancia do libro ilustrado e a ilustración como ferramentas de animación e fomento da lectura entre os nenos e nenas.

O encontro contará con conferencias e mesas redondas. A inauguración, ás 16:15 horas, correrá a cargo de Xosé Ballesteros, presidente de AGE, e do concelleiro de Educación, Manuel Dios, que darán paso á primeira das mesas redondas, con Kiko Dasilva, Cano Paz e Carla Berrocal. Logo, ás 18:00 horas, Joan Fontcuberta pronunciará a conferencia "A furia das imaxes".

As sesións continúan na mañá do xoves 9, ás 10:30 horas, coa conferencia "Os álbums que contan o mundo", impartida por Ana Garralón, crítica e especialista en libro informativo e Premio Nacional de Fomento da Lectura en 2016.

Ás 12:00 horas, unha mesa redonda reunirá a Madalena Matoso, editora de Planeta Tangerina e a Diego Moreno, editor de Nórdica Libros. Xa pola tarde, ás 16:30 horas, celebrarase a mesa redonda "Olladas ilustradas", con Xosé Cobas, Ester García e Calros Silvar. Finalmente, Teresa Durán, escritora e ilustradora, pechará as xornadas impartindo a conferencia "Os tres fillos do tsar. A lectura da imaxe, hoxe" (ás 18:30 horas).

R., 2017-11-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da USC, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES