
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O responsable socialista sinalou así as prioridades das propostas socialistas, que inclúen a reactivación das políticas activas de emprego e o reforzo de medios na sanidade e educación. Propón recuperar o reforzo dos programas de estudo de linguas estranxeiras e as bolsas de estudos, así como o combate contra a pobreza e a favor da integración social.
Os socialistas incluirán ademais programas medioambientais dirixidos sinaladamente á loita contra os incendios, centrados na prevención, así como no tratamento de augas e saneamento. Outro grupo de propostas irá dirixido ao impulso da actividade económica, incluíndo o reforzo do I+D+i ou a política de vivenda na Comunidade Autónoma.
Fernández Leiceaga explicou que o Grupo Socialista prevé aumentar o orzamento global ata os 11.053 millóns de euros, en primeiro lugar incrementando a recadación fiscal en 300 millóns de euros grazas aos impostos directos e medioambientais e aumentando a progresividade fiscal para as maiores fortunas e compensando a maior regresión e a desigualdade.
O responsable socialista propuxo ademais reducir en 178 millóns de euros os gastos innecesarios que destina o goberno galego a asesores e gastos improdutivos, relacionados coa publicidade e propaganda e gastos inmateriais. Considera insostible e non razoable que o goberno teña actualmente 2 asesores por cada alto cargo e reclama un esforzo de austeridade real.
Os socialistas reclaman reducir o número de postos políticos da administración autonómica ata un gasto razoable en persoal de confianza para que supoña tan só a metade da carga salarial dedicada aos altos cargos, ademais do aforro en publicidade e propaganda.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.