Noticias

En Marea pide más financiación para la capital de Galicia: solicita que los presupuestos autonómicos se incrementen 5.6 millones de euros

En Marea pedirá en sus enmiendas a los presupuestos de la Xunta para 2018 que se incluyan distintas partidas por un importe total de 5,6 millones más, con el fin de atender reclamaciones "históricas" del Ayuntamiento de Santiago, como la capitalidad. El alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, y diputados gallegos de En Marea presentaron estas reivindicaciones y consideran que las cuentas autonómicas para 2018 deben reflejar "obligaciones" que ya se consideran "deudas históricas".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O vicevoceiro de En Marea Antón Sánchez e os deputados Luca Chao e Manuel Lago reuníronse co alcalde de Santiago Martiño Noriega e a concelleira de Facenda María Rozas para coordinar as emendas aos orzamentos autonómicos de 2018 que vai presentar o grupo parlamentario e que lle afectan a Compostela. Serán un total de nove propostas, que suporían un incremento das achegas autonómicas á capital galega en 5,6 millóns de euros.

O alcalde incidiu en que “malia a que o PP insiste en que os orzamentos de 2018 son expansivos, iso non se nota nas partidas destinadas a Compostela”. Martiño Noriega valorou positivamente que nas contas “aparecen recollidos algúns compromisos adquiridos como a ampliación do colexio Lamas de Abade”, pero vólvense obviar “reclamacións históricas como o aumento da partida da capitalidade ou as demandas sociais, que deberan centrar a atención da Xunta”.

A deputada de En Marea Luca Chao incidiu en que “as demandas expresadas por Compostela Aberta demostran o que o grupo parlamentario ven denunciando: que os orzamentos presentados pola Xunta non serven, son insolidarios e non van axudar a mellorar a vida da xente”.

Chao explicou que “as prioridades de En Marea son as mesmas que as de Compostela Aberta, e fan fincapé sobre todo nas partidas sociais que quedan relegadas nunhas contas que o PP quere vender como expansivas”. Tamén valorou especialmente a emenda relacionada coas políticas de igualdade “que ademais ven dun Concello como o de Santiago que está a ser pioneiro en poñer a igualdade no centro da axenda política con campañas como a impulsada ao redor do 25N”

A concelleira de Economía e Facenda foi a encargada de debullar en rolda de prensa as emendas aos orzamentos que vai presentar En Marea, recollendo as peticións do Goberno de Compostela Aberta. María Rozas explicou que o obxectivo é incrementar nun 25 por cento as achegas que recibirá Santiago das contas autonómicas, o equivalente a 5,6 millóns de euros.
A concelleira explicou que entre as propostas de En Marea figuran “demandas históricas como o incremento da partida da Capitalidade, que debera pasar dos 2,3 millóns de euros actuais ata os 5,5 millóns de euros, os custos estimados nun informe da USC de 2008 que, ademais, debera ser actualizado”. Tamén se volverá reclamar a ampliación do Conservatorio de Música “que mantén unha oferta de 300 prazas claramente insuficiente”. María Rozas incidiu en que o Concello ofrécelle á Xunta unha parcela municipal “para que cumpra este compromiso adquirido coa veciñanza de Santiago”. Na mesma liña, En Marea presentará unha emenda para que se dote á capital galega da Escola Oficial de Idiomas que precisa.

En Marea vai trasladar nas súas emendas as principais preocupacións do Goberno de Compostela Aberta, e que teñen que ver coas políticas sociais. Así, o grupo parlamentario reclamará que nos orzamentos da Xunta se inclúa unha partida de 350.000 euros para a creación de seis “vivendas de saída” para persoas sen fogar, seguindo o modelo Housing First que está a seguir o Concello de Santiago con bos resultados.

Ademais, o grupo parlamentario reclamará a creación de dous novos servizos dirixidos a menores en situación de desamparo ou desarraigo, cun orzamento de 700.000 euros. Un deles é unha “Casa de Familia”, un equipamento residencial destinado a menores, cunhas dimensións reducidas e instalados en vivendas normalizadas, plenamente integradas na comunidade e cunha capacidade máxima de 8 prazas. O outro é un Centro Integral de Día para Menores, “unha demanda dos axentes sociais de Compostela desde hai máis dunha década”. Ademais, En Marea propón que “o compromiso de construír unha nova residencia para maiores no barrio de Fontiñas quede plasmado nunha partida específica, que non atopamos nos orzamentos de 2018”.

Tamén en resposta a unha vella demanda, María Rozas explicou que as emendas de En Marea atenderán “á necesidade de que a Xunta aborde a construción de vivendas protexidas en Compostela, algo que non fai desde hai máis dunha década e para o que o Concello xa lle ten ofertada ao goberno galego unha parcela no Castiñeiriño”.

Por último, as emendas de En Marea atenderán á necesidade de que se habilite a partida necesaria para abrir a escola infantil de Santa Susana, e ao acordo adoptado polo pleno da corporación de Santiago para que a Xunta destine a políticas de igualdade o 1 por cento do seu orzamento.

R., 2017-11-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES