
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:
Ao longo do mes de novembro, Cineuropa'31 ofrécenos a posibilidade de redescubrir clásicos como O Acorazado Potemkin (1925), de Sergei M. Eisenstein; La Chinoise (1967), de Jean Luc Godard; La Batalla de Chile (1975-79), de Patricio Guzmán, ou Le fond de lair est rouge (1977), de Chris Marker, pero tamén garda lugar para outro tipo de aproximacións a estes momentos históricos, como a que ofrecen as pezas Nicholas and Alexandra (1971), de Franklin J. Schaffner, ou Marie Antoinette (2006), de Sofia Coppola.
O obxectivo é achegarse ao proceso revolucionario dende perspectivas diversas, ao tempo que reivindicar a dimensión colectiva no cinema, a súa práctica en sociedade, como pracer e como feito subversivo nun momento no que as fórmulas e tendencias de ocio incitan, cada vez máis, ao seu consumo individualizado e acrítico.
A idea do cinema como revolución convértese tamén en protagonista do cartaz do Cineuropa 2017 e esténdese a outras seccións da programación que inclúen, entre outras fitas destacadas, a estrea estatal de Napalm (2017) , o último traballo do xornalista e realizador Claude Lanzmann, no que reconstrúe a súa traxectoria como activista en Corea do Norte durante Guerra Fría, ou A fábrica da nada (2017), o musical revelación do ano en Cannes polo que o portugués Pedro Pinho recibiu o premio FIPRESCI na Quincena dos Realizadores.
O luns, día 30 de outubro, ás 11:30 horas, a Casa do Concello de Santiago de Compostela acollerá a presentación oficial da 31ª edición do festival nun acto no que participarán o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural,Branca Novoneyra; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o director do festival, José Luis Losa.
Entre as novidades deste ano, figura a convocatoria para seleccionar un Xurado Novo que comporán mozas e mozos de entre 18 e 25 anos. Alén do requisito de idade, esíxese dispoñibilidade para ver a selección de filmes que se someten a avaliación nas sesións de Cineuropa'31. O convite a participar neste xurado non se limita ao estudantado universitario, senón que procura achegarse a toda a mocidade interesada no cinema. Para se inscribir no proceso de selección do Xurado Novo, aberta até o 30 de outubro, só é preciso encher un formulario online xa dispoñible na web e redes do festival. A composición do mesmo farase pública o día 31 deste mes.
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.