Noticias

El PPdeG posiciona a Galicia ante la crisis catalana como el lugar idóneo para que las empresas inviertan en un escenario de estabilidad política

El secretario general de los populares gallegos, Miguel Tellado, ofreció una rueda de prensa en la que subrayó que "desde el Partido Popular de Galicia creemos que las empresas que quieran instalarse y crear empleo de calidad en Galicia deben tener una alfombra roja para hacerlo" y le aconsejó a las empresas que busquen estabilidad política y económica que escojan la Comunidad gallega porque "la van a encontrar". En comparación con Cataluña, Tellado dice que Galicia tiene un Gobierno consolidado que no está secuestrado por los delirios de ninguna minoría radical.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O número dous dos populares galegos quixo lembrar todas as medidas que se están a poñer en marcha para captar investimentos e e empresas. Así, destacou que se aprobará no Parlamento Galego unha Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresarias que aposta pola industrialización, pola atracción de novas empresas no noso rural e polo desenvolvemento dos nosos polígonos e da que agarda que o Partido Socialista se posicione a favor xa que foron amplamente incluídas as súas achegas.

En comparación coa situación de Cataluña, Tellado apuntou que aquí temos a sorte de ter un Goberno consolidado, que non está secuestrado polos delirios de ningunha minoría radical; que non vai embarcarse en ningunha aventura independentista que nos reste seguridade xurídica e que desde a Xunta non se vai fomentar que as empresas instaladas en Galicia marchen do noso territorio.

Saudou o feito de que en Galicia se acabe de crear a figura dos Concellos Doing Business para incentivar a rebaixa de ata o 95% dos impostos municipais para as novas empresas; ou as medidas de apoio aos autónomos aprobadas no Consello da Xunta do pasado mércores, destinadas a duplicar as axudas á conciliación daqueles que queiran ser pais.

Sobre este tema, concluíu que “fronte a aqueles que din non a todo, que queren rachar con todo e acabar coas nosas institucións, en Galicia volvemos dicir si ao crecemento, ao emprego, á actividade económica, á estabilidade institucional e ao cumprimento da Lei”.


ACTOS VIOLENTOS EN VIGO
O secretario xeral comezou a súa intervención expresando “a nosa máis rotunda condena” aos actos violentos contra a sede do Partido Popular de Vigo, reivindicados hoxe mesmo nas redes sociais polo colectivo nacionalista BRIGA. Así, expresou que “desde o Partido Popular de Galicia rexeitamos todo acto de violencia contra políticos e cidadáns só por pensar diferente” e engadiu que “igual que temos condenado en numerosas ocasións actos deste tipo contra os nosos rivais, gustaríanos que eles tamén se pronunciasen en casos coma este”.

Deste xeito, Tellado pediulle expresamente a Ana Pontón e a Luís Villares que se manifesten acerca desta cuestión, xa que no último Debate do Estado da Autonomía os seus grupos votaron en contra dunha Proposta de Resolución dos populares na que se condenaban os actos violentos contra os rivais políticos
“Unha vez máis, vemos que o nacionalismo galego volve copiar todo o peor do independentismo catalán, incluída a intimidación daqueles que só queremos defender a Lei e o noso marco constitucional”, resumiu.

R., 2017-10-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES