
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:
A décimo cuarta edición de Curtocircuíto dedicará unha retrospectiva ao director francés F.J Ossang, un artista underground, incapaz de limitar a súa creatividade a unha soa disciplina, cun estilo inconfundible que combina punk, situacionismo, film noir e ficción post-apocalíptica. Cineasta de actualidade, galardonado co premio á Mellor Dirección na pasada edición do Festival Internacional de Cine de Locarno, foi definido por Joe Strummer (The Clash) como "o único director co que volvería traballar sen dubidalo".
A retrospectiva dedicada ao director foi presentada na Casa do Concello nun acto no que participaron a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director do festival Pela del Álamo, e o propio Ossang. A concelleira destacou do autor "a subversión creativa e o seu posicionamento político e artístico en diferentes expresións creativas". Novoneyra referiu que o espírito inconformista do director e a súa traxectoria encaixan perfectamente cun festival "afeito a facer da incomodidade virtude e a sorprendernos e retarnos en cada ocasión".
Pela del Álamo coincidiu na sintonía entre o traballo de Ossang co espírito "gamberro pero rigoroso" de Curtocircuíto, un festival, que como a traxectoria do autor, "toma como eixo o cinema para desenvolver ao seu redor unha proposta multicisciplinar cun estilo e imaxinario propios". Pola súa banda, o director francés manifestouse compracido de descubrir Galicia e destacou a calidade da proposta cultural de Santiago de Compostela e do festival, ao que colocou á altura doutros coma Clemont-Ferrand ou o Festival de Curtas de Vila do Conde.
Ás consultas sobre a distribución en salas do filme 9 Doigts, polo que foi premiado como Mellor Director no Festival de Locarno, F.J. Ossang explicou que será estreado en Francia o 7 de xaneiro e que axiña se poderá ver tamén en España.
Catro filmes de longa duración e cinco curtametraxes compoñen a retrospectiva que se ofrece ao público de Curtocircuíto en diferentes espazos da cidade. O Teatro Principal, a sala Numax e o Salón Teatro, darán acollida ás proxeccións que revisan a cinematografía do autor e dan conta dun cinema que se retroalimenta constantemente do seu traballo como músico, escritor, editor e poeta. Logo da primeira das proxeccións, programada esta tarde ás 20:15 horas no Teatro Principal, haberá un coloquio estendido entre o director e o público.
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.