
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
O BNG quere que Galiza sexa protagonista e non mera espectadora neste momento político excepcional, no que quedar parado é retroceder. Para evitalo, o Bloque presenta as Bases Democráticas, unha proposta política para superar o actual corsé da Constitución e do Estatuto, finiquitar o réxime do 78, esgotado e fracasado, e dotarse das ferramentas necesarias para darlle aos galegos e as galegas unha vida mellor.
Máis aló da política do medo e da represión, é evidente que, si ou si, algo se vai mover no Estado español, salienta a portavoz nacional, Ana Pontón, e ante este momento histórico o Bloque responde cunha proposta política de calado para superar o actual marco institucional e iniciar un novo proceso constituínte que lle permita a Galiza camiñar sen lastres.
A opción non é quedarse mirando vendo que pasa porque se quedamos quietos retrocederemos como país e o BNG non vai permitir que pase. Por iso presentamos as Bases Democráticas, para superar o corsé da Constitución e do Estatuto, -que non serviron para solucionar os problemas de Galiza-, e dotarnos de novas ferramentas para conseguir un país con máis oportunidades e mellorar a vida da xente, avanza Pontón.
Acto de presentación das Bases democráticas para unha nova GalizaAs Bases Democráticas para unha nova Galiza, presentáronse esta tarde nun acto que congregará en Santiago a máis de medio millar de responsables políticos e militantes nacionalistas, pretende ser o arranca dun debate sereno con toda a sociedade galega, co resto das forzas políticas, cos colectivos económicos, sindicais, sociais e culturais para sacar adiante unha proposta que beneficie a Galiza.
Para a dirixente do Bloque, neste momento decisivo, hai que evitar que Galiza perda posicións mentres outros territorios avanzan.
Galiza non pode baixarse do tren das nacións, non podemos permitir un escenario no que os demais avanzan mentres este país retrocede, porque iso significa perder oportunidades nunha especie de aldraxe bis que só agudizará os nosos problemas, como a precariedade, paro, emigración, envellecemento e despoboación ou desmantelamento dos sectores produtivos.
Por iso, as Bases Democráticas como punto de partida para que Galiza sexa unha terra das oportunidades na que ninguén quede atrás e, neste momento decisivo, este é o debate imprescindible, recalcou Pontón.
As Bases Democráticas, -que o BNG equipara en calado político coas Bases Constitucionais Galegas de 1977-, establece que Galiza e unha nación onde a soberanía reside no pobo galego, que dispón de pleno autogoberno e con todas as ferramentas no político, no económico e no xudicial.
A proposta nacionalista quere sentar as bases para conseguir o progreso e benestar do pobo galego, nunha democracia participativa e avanzada e con máis dereitos individuais e colectivos.
Acto de presentación das Bases democráticas para unha nova GalizaNeste sentido as bases inclúen: Establecer a idade de voto nos 16 anos, a posibilidade de realizar referendos vinculantes se o solicita o 3% do censo electoral e, tamén, de revocar cargos públicos electos implicados en situacións de corrupción. Igualmente, por lei participación e representación paritaria, garantías constitucionais ao exercido dos dereitos sexuais e reprodutivos, singularmente o da muller a decidir libremente sobre o seu corpo. Queda recoñecido por lei o dereito das mulleres a unha vida sen violencia de xénero.
No ámbito dos dereitos laborais e sociais, as Bases Democráticas recollen a implantación dunha renda social básica que garanta unhas condicións de vida dignas, unha carta de dereitos sociais avanzada para o conxunto da cidadanía, en particular para os colectivos máis vulnerables, xestión directa da Seguridade Social e garantía das pensións de xubilación por parte dos poderes públicos. Blindaxe dos servizos públicos, en particular, saúde, educación e servizos sociais.
En materia económica e de emprego: Facenda galega e política fiscal e financeira propia, decisión plena para desenvolver os sectores produtivos e xestionar os recursos do país, banca pública galega con plena capacidade normativa sobre o sector financeiro que actúe en Galiza, tarifa eléctrica galega e capacidade para emitir débeda pública.
Finalmente, clave o recoñecemento da lingua e outros sinais de identidade. O galego será o idioma vehicular no ensino e Galiza terá plena capacidade para lexislar e desenvolver o sistema educativo en todos os niveis en aras dun ensino público de calidade, laico e en galego.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.