Noticias

El BNG defiende en el Parlamento de Galicia un concierto económico con una fiscalidad justa y adaptada a la realidad gallega

La portavoz nacional del BNG, Ana Pontón propuso a todas fuerzas políticas gallegas "un grande acuerdo de país" para superar el actual modelo de financiación con el que Galicia sale perdiendo y apostar por un concierto económico con una fiscalidad justa y acorde a la realidad gallega. PPdeG y PSdeG votaron en contra de la propuesta de un nuevo modelo de financiación para Galicia.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

Pontón lamentou que PP e PSOE impediran a toma en consideración dunha proposta “seria, ambiciosa e beneficiosa para o noso país” e que nos permitiría, afirmou, romper cun modelo “inxusto e centralista” que resulta un “ pésimo negocio para Galiza”. A nacionalista reprochou aos socialistas “ir de ganchete do Partido popular” nun debate sobre un novo modelo que beneficiaría a Galiza no seu financiamento.

O concerto económico que propomos, explicou a portavoz do BNG, trata de cambiar un modelo centralista por un modelo que confíe nas potencialidades de Galiza. Aposta por autorresponsabilizarnos do noso futuro. “Trátase de quitarlle a chave dos cartos de Galiza ao Sr. Montoro, e devolverlle esa chave aos galegos e as galegas”.

A nosa proposta é oportuna e dotaríanos de mellores ferramentas contra os parches dun modelo centralista que non garante un financiamento adecuado da nosa sanidade, educación ou lei da dependencia porque o problema, dixo, non é que a sociedade galega non xere recursos suficientes para manter os seus servizos públicos. O problema é “un reparto desigual e unha fiscalidade regresiva e inxusta”.

A resultante é un modelo en vigor totalmente irracional, xa que o Estado, que ten competencias que non son as prioritarias para a cidadanía, como o Exército, a burocracia do Estado, a Casa Real ou as infraestruturas xerais, controla a política fiscal.

Cómpre darlle a volta para ligar a competencia fiscal, a recadación e política tributaria, a través dunha facenda galega, con quen exerce as políticas sociais, e superar a situación na que Madrid controla os nosos impostos para asegurar as políticas que interesan a Bruxelas e ás elites económicas e políticas radicadas na capital.

“O actual modelo de financiamento recorta en sanidade pero regálalle á banca máis de 40.000 M€, aumenta as peaxes da AP-9 pero rescata as radiais madrileñas, recorta en Educación pero aumenta o gasto militar en 7.000 M€”. A cuestión non reside, polo tanto, nos recursos que xeramos, o problema é como se distribúen.

O concerto económico proposto polo BNG entronca coa posición defendida por Alfredo Brañas, as Irmandades da Fala e o Partido Galeguista, con Alexandre Bóveda á cabeza. “Un concerto como sistema de financiamento dunha Galiza digna”, enfatizou a portavoz nacionalista.

Se queremos ter autonomía, verdadeiro autogoberno, con suficiencia financeira, non cabe outra alternativa que o concerto, pois só así se cobran todos os impostos en Galiza polo Goberno galego , posibilitando a suficiencia financeira necesaria para cubrir os gastos nos servizos básicos fundamentais: sanidade, educación e protección social e promover o desenvolvemento económico, social e cultural que o país necesita, sen condicionantes nin restricións graves. O concerto é unha alternativa que garante que todos os ingresos pola carga tributaria que soportan os galegos e galegas sexan de xestión do Goberno de Galiza, acordando unha cantidade ou achega a pagar ao Estado polas funcións que sega a desempeñar na Galiza, como produto da súas competencias exclusivas, que polo tanto non se transfiren a Galiza nin a ningunha outra CC.AA.

O sistema actual e calquera modificación das súas variábeis, reiterou, seguen a liña de manter a idea de que Galiza vive grazas á solidariedade do Estado, no canto de comprobar de que vivimos do noso propio esforzo, sendo o Estado un produto financeiro dos que soportamos. Coas cifras oficiais de 2014 podemos comprobar como a carga fiscal real mínima que soportaron os galegos foron 11.131 millóns de euros, mentres que para financiar o conxunto de competencias, o sistema achega 7.043 M€ reais. “Entre os 7.043 millóns e os 11.131 hai 4.088 M€ de diferenza. Aínda quedarían 3.458 M€ de diferenza entre o sistema de concerto e o sistema vixente”. É evidente que o actual modelo de financiamento é insuficiente e inxusto e o modelo que asinou Feijóo no 2009 é un mal negocio para Galiza que empeorou a situación que tiñamos con anterioridade.

Neste sentido, lembrou que ao longo dos anos Galiza experimentou un importante déficit na prestación de servizos públicos e o goberno galego segue sen reaccionar, “non formula ningunha proposta” e limítase a delegar todo nun “experto” que non vai decidir nada e que nin tan sequera presenta unha alegación ante un informe que é un punto de partida inaceptábel.

Ana Pontón botou man dunha intervención de Núñez Feijóo no ano 2016 no Círculo de Economía de Barcelona na que amosaba unha postura aberta a discutir o contido do concerto económico para Catalunya polo que preguntou ao presidente da Xunta porqué non para Galiza?. “Convidamos a Feijóo a facelo abertamente”.

Os votos en contra dos grupos do PP e socialista impediron a toma en consideración da proposición de lei do BNG que propuña un novo modelo de financiamento para Galiza.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

NoticiaO portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, rexeitou a proposta de concerto económico para Galicia presentada hoxe polo BNG por considerala “inoportuna politicamente, imprudente legalmente e insensata dende o punto de vista económico e financeiro”.

Advertiu do risco de iniciar este debate “coas augas revoltas pola cuestión catalᔠna busca de privilexiar a autonomía “fronte ao criterio de equidade e eficiencia”. Advertiu que con este novo modelo “Galicia non sería capaz de financiar as súas necesidades cos recursos que xera” e que suporía “máis financiamento para as autonomías con maior capacidade fiscal e menos financiamento para as que temos menos capacidade”.

Cuestionou ademais a viabilidade legal desta reforma, que vai contra o principio constitucional de solidariedade. Finalmente, sinalou que se trata dunha proposta “pouco sensata dende o punto de vista económico e financeiro”. Explicou que Galicia recibe máis ingresos dos que aporta ao Estado, co que implantar o novo modelo suporía reducir os ingresos de Galicia por enriba de 1.000 millóns de euos ao ano.

Acusou ao Grupo do BNG de “buscar un sacrificio económico na persecución dun obxectivo ideolóxico” que suporía de facto “menos servizos públicos e unha menor capacidade para atender as necesidades de gasto”.

O Pleno do Parlamento aprobou unha moción socialista dirixida a reforzar o Fondo de Compensación Interterritorial e convertelo “nun instrumento potente de desenvolvemento rexional que poida compensar a eventual perda de fondos europeos”. O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, presentou esta iniciativa para recuperar os investimentos a niveis de hai dez anos.

Explicou que Galicia recibe apenas 44 millóns de euros que “non dan para montar unha estratexia”, logo de dez anos de que os fondos esmoreceran para ser substituídos polos fondos comunitarios. Hoxe estes fondos están a diminuír pero as necesidades de política rexional e os obxectivos de converxencia permanecen, polo que cumpre recuperar o FCI para paliar a caída de investimentos para as autonomías máis desfavorecidas.

Propuxo facer destas axudas un “instrumento potente de desenvolvemento rexional”, actualizando as bases de cálculo e os criterios de selección e de asignación de recursos das comunidades beneficiarias, para corrixir o reparto actual, no que segue beneficiando a autonomías que xa superaron as necesidades de converxencia.

Ademais propuxo unha continuidade plurianual, que permita establecer estratexias de investimento a medio prazo e liberar aos gobernos autonómicos da presión de acordar o reparto con carácter anual.

R., 2017-09-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3% respecto ao ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. Segundo os datos correspondentes ao ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de latas e outros envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de Comunicación. As curtas dos estudantes de Comunicación Audiovisual Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
O proxecto Caxato (‘Camiño de Santiago: camiño de intercambio e de aprendizaxe cultural europea’) pretende que persoas maiores de 50 anos sexan protagonistas da súa propia experiencia formativa, potenciando a adquisición de competencias culturais e artísticas, sociais (soft skills), dixitais e de sustentabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES