
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
Prepotente, insulto á intelixencia e tan previsible como se recitase un guión de frases feitas son os cualificativos que lle merece ao BNG a declaración do presidente do Estado, Mariano Rajoy, polo chamado caso Gürtel sobre o presunto financiamento ilegal do PP.
A imaxe de Rajoy sentado no estrado supón o vivo retrato dun PP trufado de corrupción, en palabras da portavoz nacional, Ana Pontón, retrato que non logrou evitar nin sequera o trato preferente dado polo Tribunal a esta testemuña, ademais de presidir un Goberno que fai augas por todas partes, onde a reprobación de ministros e altos cargos e xa habitual, o que retrata tamén a descomposición dun Estado asentado no caduco réxime do 78.
O Bloque tamén considera a declaración como un insulto á intelixencia e tan predicible que @s profesionais da comunicación poderían ter escrito a crónica desta comparecencia antes de que se producira. Os seus reiterados no que yo recuerde, ademais de buscar a exculpación en caso de novas probas, unido aos continuos no sabía nada, e frases recorrentes como nunca me ocupé de los asuntos económicos, me reúno con mucha gente, ....seguen a estela doutros ilustres comparecentes por casos de corrupción.
O que non lle escoltamos explicara Rajoy é como, non ocupándose dos asuntos económicos, do partido nun determinado momento dá a orde de non volver contratar co señor Correa, ironizou.
Especialmente inverosímil e inconsistentes considera Pontón as xustificacións do presidente español sobre as coñecidas e polémicas mensaxes enviados ao ex tesoureiro do PP, Luís Bárcenas, cando xa eran públicas as contas de este en Suíza.
Que Rajoy responda sobre os SMS a Bárcenas alegando: tengo la costumbre de responder a los mensajes que me manda la gente é un insulto á intelixencia, porque que pretenda colarnos que non sabía nada das contas de Bárcenas en Suiza é tan críbel como que a Infanta non sabía nada das contas de Urdangarín. O resultado moi probabelmente será o mesmo, moi marca España, criticou.
Para a dirixente do Bloque, foi moi grave a actitude de chulería e prepotencia do presidente do Estado, propia de quen pensa que está por riba da lei, ademais dunha nova demostración de que ademais de saquear as arcas públicas os responsables políticos do PP rinse na cara dos e das saqueados, que non son outros que todos e todas as cidadáns do Estado.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.