
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, considera lamentable o último intento desesperado de Feijóo por xustificar o veto á transferencia da AP-9. O socialista desbota o argumento do suposto custe para Galicia dunha transferencia que foi vetada no Congreso polo goberno do PP precisamente co mesmo argumento do suposto custe para o Estado.
Sinala que o novo xiro argumental do presidente da Xunta demostra que é cómplice, que foi cómplice dende o principio, xa que logo de votar a favor da transferencia, agora argumenta en contra, cando xa o Ministerio ten amosado a súa oposición.
O responsable socialista reclámalle ao presidente da Xunta que realice menos esforzos dirixidos a enganar aos galegos e galegas e máis para convencer ao goberno de que desbloquee o trámite dunha Lei aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia e vetada na Mesa do Congreso.
Acusa a Feijóo de artellar novos argumentos cada día para tratar de agochar que en realidade carece de peso político para conseguir a transferencia dunha infraestrutura vital para Galicia. Pregunta por qué se non onte estabamos todos de acordo en aprobar esta Lei -por dúas veces- e hoxe resulta que é inoportuna.
Feijóo engadiu- fúrtalle a Galicia a posibilidade de recabar a competencia sobre a AP-9, o que suporía o primeiro paso para conseguir unha rebaixa significativa das peaxes. Explicou que esta vía constitúe a rúa maior de Galicia, unindo 6 áreas urbanas e o 70 por cento da poboación da Comunidade Autónoma.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.