
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A portavoz nacional, Ana Pontón, optou por desprazarse ata a sede de ENCE en Pontevedra para responderlle á dirección da pasteira sobre as bondades do eucalipto para a loita contra os lumes, e demandarlle ao presidente da Xunta que a política forestal do país a determine Galiza e non esta multinacional.
A política forestal non a pode decidir ENCE desde o seu consello de administración comprando vontades con ex altos cargos do PP, porque o país precisa un cambio forestal, e desde o BNG tendemos a man para que ese cambio se produza, alegou a dirixente nacionalista, o grave é que semella que a única man que quere coller Feijóo é a de ENCE, non sei se porque aspira tamén el a acabar sentado nese consello de administración.
Pontón quixo contestar in situ ás declaracións tan pouco amistosas da pasteira contra a portavoz nacionalista e tamén á campaña de manipulación en relación ao impacto do eucalipto no medio ambiente e no problema dos incendios. Converter Galiza nun gran eucaliptal é converter o noso monte nun polvorín, reafirmou, ao tempo que manifestaba o seu pasmo pola tese medioambiental difundida pola multinacional nun comunicado de prensa.
A súa tese é que os eucaliptos son cortalumes, o que ten a mesma credibilidade que escoitar a Bárcenas dicir que os sobres en B son unha maneira de loitar contra a corrupción, ironizou, será unha teoría desenvolvida por algúns dos grandes expertos medio ambientais que sentan no consello de administración como a ex ministra do PP Isabel Tocino, ou o ex conselleiro de PP Carlos del Álamo, os únicos que ven no eucalipto unha antídoto contra os lumes.
Neste sentido, o Bloque recomenda á cúpula da pasteira algún dos informes nos que se recolle a eucaliptización como un problema para o medio ambiente e causa dos incrementos dos incendios, informes oficiais do Goberno central das etapas do PP, indicou Pontón tras criticar a práctica das portas xiratorias, seguro que veremos novas incorporacións do PP que hoxe sentados no Consello da Xunta e no Consello de Ministros. Igualmente, denunciou a prórroga de Rajoy á multinacional para que siga contaminando a Ría de Pontevedra.
O BNG propón un cambio radical da política forestal e de xestión do monte porque quen marca as directrices é ENCE interesada en converter Galiza nun gran eucaliptal. Ese non é o modelo que lle interesa ao país porque perdemos oportunidades, capacidade de crear riqueza e emprego e poñemos en risco o territorio, salientou Pontón.
Por moito que lle moleste a dirección da pasteira, desde o Bloque imos seguir dicindo as verdades, do que significa unha política forestal ao servizo dunha multinacional que contamina a ría de Pontevedra e hipoteca o monte, indicou, ao tempo que reiteraba a oferta de man tendida para sacar adiante un gran acordo de país que deixe atrás o modelo do monocultivo do eucalipto e abra nova etapa para un aproveitamento integral do monte, favorecer a biodiversidade e combater os lumes, argumentou.
Pontón tamén reclamou a Feijóo que deixe de tirar balóns fora, porque a Xunta debe garantir o cumprimento da lei e non buscar culpables cando se trata de executar a normativa das franxas de seguridade contra os incendios.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.