Noticias

El BNG propone crear una ponencia en el Parlamento para avanzar en el reconocimiento de Galicia como nación

El BNG anuncia, durante un acto político para conmemorar el aniversario del plebiscito del Estatuto de 1936, que impulsará una ponencia en el Parlamento para "abrir el debate" sobre "la capacidad de decidir" de los gallegos, con el objetivo de avanzar hacia un "nuevo estatus" que reconozca a Galicia como nación. Presenta la declaración Un paso adiante con un decálogo.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

No aniversario da aprobación do Estatuto do 36 e da proclamación da Primeira República Galega fai 81 anos, o BNG presentou un documento político baixo o título de Un paso adiante, que recolle unha proposta para avanzar na capacidade de decidir de Galiza e, en palabras da portavoz nacional, Ana Pontón, deixar atrás “as estreiteces do autonomismo”.

Este documento, articulado arredor dun decálogo de grandes temas de país, será presentado a todas os axentes económicos e sociais e a todas as forzas políticas, de feito, Pontón anunciou que o Bloque vai propoñer a creación formal no Parlamento dunha ponencia “para dar un paso adiante e reclamar un novo status para Galiza que nos recoñeza como nación e que nos dote de novos instrumentos cos que poder dar solucións ás demandas e aspiracións dos galegos e galegas do século XX”.

Por iso, o BNG lanza esta “proposta xenerosa” na que, sen renunciar á aspiración de plena soberanía, permita “volver colocar a Galiza no mapa político” e impulsar unha axenda galega que aborde aspectos como os investimentos mínimos do Estado, a modernización e transferencia das infraestruturas, a creación dunha banca pública que compense a liquidación do sistema crediticio galego ou un modelo fiscal e financeiro xusto como o concerto económico.

O Bloque impulsará a proposta expresada no documento Un paso adiante no Parlamento, -con esa petición formal de ponencia-, e fará unha presentación aos axentes económicos, sociais e culturais cun decálogo do propostas que permita conformar un gran acordo de país.

Como punto primeiro dese decálogo, recoñecer que Galiza é unha nación e o seu dereito de autodeterminación. Segundo, capacidade plena para decidir e xestionar a economía produtiva, posta en marcha dunha banca pública galega e tarifa eléctrica propia. Terceiro punto, financiamento xusto e solidario que pasa polo concerto económico e unha facenda galega. Cuarto, planificación exclusiva dos servizos públicos como a saúde, educación ou acceso á vivenda, que deben ser dereitos co obriga de garantía pública. Xestión plena da Seguridade Social e unha estratexia contra a violencia machista.

Como quinto punto do decálogo, articular un novo modelo administrativo e territorial, coa supresión da provincia como división xeográfica e circunscrición electoral. Concellos e comarcas, referentes para estruturar o territorio. Igualmente, desenvolvemento dunha política lingüística que recupere falantes, asumir todas as competencias en materia de transporte, poder xudicial propio para Galiza que sería a última instancia no país.

O decálogo completase con propostas no ámbito socio-cultural e de sustentabilidade que inclúa un acordo nacional polo monte galego e o saneamento integral das rías e para desenvolver relacións internacionais propias en función dos intereses políticos, económicos e comercias de Galiza.

“As nacións sen estado están petando na porta da democracia, pero o Goberno español fai ouvidos xordos e o que noutras partes resulta normal, en España convértese en delito”, indicou Pontón, para indicar que diante deste novo escenario e do novo ciclo que se abre só caben dúas posicións: “Ser meros espectadores ou protagonistas, pasividade ou activismo, e o BNG aposta polo activismo”.

Porque para a dirixente nacionalista, “non podemos repetir os erros do pasado” cunha Galiza ausente na chamada Transición do 78, “onde non existiu politicamente como nación e pagamos cara esa exclusión”, alegou, por iso hoxe, “temos a obriga de aproveitar esta oportunidade para conseguir un cambio de verdade e non podemos perder de novo este tren”.

Pontón deixou claro que o nacionalismo é máis necesario ca nunca “para mudar a fondo o actual marco político e institucional” dun modelo autonómico “que non lle permitiu a Galiza desenvolver todo o seu potencial”. “Para iso é preciso unha acción política con visión de país que integre á maioría social nun proxecto compartido de nación que aspira a ser libre e a garantir o progreso e o benestar social”, indicou. Con este obxectivo, o BNG “tende a man a todos e todas as que queiran sumarse”.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2017-06-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (presideante.jpg) Manteranse as rebaixas fiscais en vigor e aprobaranse catro novas baixadas: no Imposto sobre Transmisións Patrimoniais no caso de vivenda usada habitual, no de Sucesións para as herdanzas entre irmáns, no de Patrimonio e en innovación
Foto de la tercera plana (mama.jpg) Detectáronse 8.000 tumores, dos que o 92% tiñan un estadio tumoral baixo. A mortalidade por cancro de mama en mulleres galegas que participan nos cribados descendeu en máis dun 20% respecto do previsto sen cribado

Notas

O venres 19 de outubro tivo lugar na Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria a inauguración da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. No devandito acto participaron Albino Aneiros, presidente da Casa de Galicia, Marisa González Lagarón, membro da Xunta Directiva, e Antonio Giz en representación de GaliciaDigital.
Será o xoves, 25 de outubro, ás 19,30 horas, na Biblioteca Nodal, organizada polo Ateneo Nacionalista de Lugo
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania