Noticias

Continúa la convocatoria de huelga indefinida de autobuses los martes y miércores, tras el primer contacto entre el Ejecutivo gallego y los sindicatos desde el inicio de las movilizaciones

En una entrevista en la TVG, la conselleira de Infraestructuras de la Xunta, Ethel Vázquez, avisa a las federaciones de autobuses que "no se pueden poner y sacar concesiones a dedo". Paralelamente, el titular de Mobilidade de la Xunta y el secretario xeral técnico de la Consellería se reunían con representantes de los sindicatos UGT, CC.OO. y CIG, convocantes de la huelga. La Xunta asegura que con el encuentro manifiesta "disposición al diálogo" y los sindicatos hablan de "engaño a la ciudadanía".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia:

Comisións Obreiras (CCOO) repróchalle á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que «engane a cidadanía» sobre o modelo de transporte de viaxeiras e viaxeiras en autobús que propón a Xunta. No sindicato coidan «vergoñento» que a dirixente autonómica se «escude» na experiencia de Castela e León, cando o sistema que fuciona nesa comunidade é diferente ao anunciado polo Goberno galego, que desembocou na convocatoria de folga.

O voceiro de CCOO no sector, Marcos Pérez, define como «papelón» a intervención de onte do conselleiro castelán-leonés de Fomento, Juan Carlos Suárez Quiñones, que explicou as supostas «bondades» do modelo da súa comunidade. Porén, o sindicalista alerta das «substanciais diferenzas» e acusa a conselleira galega de «pretender enganar».

O responsable do sector de estradas de CCOO tamén se pronunciou sobre as críticas de Vázquez á mobilización, chegando a conselleira a afirmar que secundar a folga «non é negociar». Ante estas palabras, Marcos Pérez lémbralle á responsable de Infraestruturas que «foi ela a que forzou a ruptura das negociacións» ao romper o acordo a que se chegara para a realización dunha reunión tripartita entre a Xunta, a patronal do sector e os sindicatos. Marcos Pérez afirma que os sindicatos están abertos ao diálogo, «pero sobre as bases existentes antes de que a Xunta cambiase as regras», puntualiza.

O voceiro de CCOO aplaude o «éxito de seguimento» da cuarta xornada de folga do sector de transporte de viaxeiras e viaxeiros en autobús. Novamente, a imaxe do día foron as plataformas baleiras en todas as estacións do país e os autobuses estacionados. Para o sindicalista, isto é «a proba de que o persoal do sector está unido e agora debe ser a Xunta a que mova a súa posición».

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CIG:

A folga no transporte de viaxeiros deu un paso adiante coa ocupación simbólica polos piquetes informativos da Dirección Xeral de Mobilidade en Compostela e a Dirección Provincial da Coruña; mentres que en Pontevedra o peche tiña lugar no despacho do delegado da Xunta. Con esta acción búscase que a Consellaría reaccione ante o conflito que se está a vivir no sector e concrete dunha vez unha reunión tripartipa, tal como foi pactada no seu día pola administración, patronal e centrais sindicais.

O primeiro edificio no que entraron os piquetes foi no Pontevedra, onde un grupo formado por máis de 50 traballadores/as procedentes de Pontevedra, Cangas e Bueu ocupou dende ás 09:45 até ás 12:00 horas a delegación da Xunta. O piquete subiu até o despacho do delegado territorial, José Manuel Cores Tourís, coa intención de falar con el, mais este non se atopaba nas dependencias. No seu lugar, mantiveron un encontro co delegado provincial de Transportes a quen lle transmitiron as reivindicacións do sector.

Mentres, en Compostela, folguistas e representantes sindicais pecháronse nas dependencias da Dirección Xeral de Mobilidade. Alí mantiveron unha xuntanza breve e forzada polo peche co director Xeral de Mobilidade, na que non se avanzou nada ao manter este os mesmos postulados que vén defendendo publicamente a conselleira de Infraestruturas.

No caso da Coruña, un piquete formado por arredor de 60 persoas estivo no edificio da Dirección Provincial de Mobilidade arredor dunha hora, e alí tamén tiveron un breve encontro co responsábel provincial. As tres accións desenvolverse sen incidentes, no marco da cuarta xornada de folga no transporte de viaxeiros/as por estrada que este mércores volveu paralizar a actividade dos autobuses en todo o país.

"Estas protestas son un toque de atención á Xunta: por moito que se negue a abrir canles de diálogo, a folga non vai ir a menos, ao contrario, coa súa intransixencia, a Consellaría está conseguido reforzar a vontade do persoal para secundar os paros e intensificar a mobilización", afirmaba Xesús Pastoriza, responsábel de Transportes da FGAMT-CIG. Neste senso, adiantou que as centrais sindicais CIG, UGT e CCOO manterán unha nova xuntanza para avaliar as catro xornadas de folga e estudar novas accións mobilizadoras.

O éxito das folgas acontece, subliñou o sindicalista, porque o que está en xogo co novo plan de transporte da Xunta son os posto de traballo, as condicións laborais e a prestación dun servizo de calidade para a cidadanía. Salientou que máis alá das acusación da conselleira e o Presidente da Xunta sobre o incumprimento dos servizos mínimos ou a suposta "pinza" entre patronal e sindicatos, o proxecto que formula o Goberno galego supón incrementar o desemprego, fomentar a contratación a tempo parcial e precarizar o sector; ademais de non atender as particularidades nin as necesidades do transporte público nun territorio como Galiza.

Así, ao golpe para o emprego que implicará o recorte de 500 rutas escolares, hai que engadir a redución da xornada laboral que sufrirán moitos/as traballadores, xa que os 42 contratos de explotación presentados para esta primeira fase do plan de reordenación contemplan uns orzamentos para soldos de condutores/as inferiores ao estabelecido nos convenios colectivos. Neste senso, Xesús Pastoriza denuncia que a Consellaría de Infraestruturas propón contratos ruinosos, ao facer os cálculos sobre horas de traballo e non sobre contratos.

Pero, ademais, no anteproxecto fragméntanse concesións en varias partes, obrigando aos viaxeiros e facer varios transbordos e incrementando o número de expedicións inferiores a 50 km. Deste xeito evítase tamén a obrigatoriedade de levar tacógrafo no autobús e favorece o descontrol das xornadas de traballo.

Xunto a isto, e fronte ao que ten afirmado a Xunta nestes últimos días, tamén empeorarán as condicións laborais do persoal acompañante, xa que até o de agora tiñan contratos polo tempo aproximado que duraba a ruta escolar, pero agora en ningún apartado dos contratos de explotación se establece nin cal vai ser o seu tempo de traballo, nin como van regresar até o punto de orixe, pois, de levarse a cabo a integración coas liñas regulares, os autobuses seguirán a súa ruta normal unha vez deixen ao alumnado no centro.

Pastoriza cualificou a reorganización do sector como un "ERE encuberto", criticando o papel da Xunta que "está a facerlle un favor a unha parte da patronal ao facilitarlle desprenderse de traballadores/as". "Non negamos que sexa preciso recompoñer o mapa concesional, pero as concesións caducan a finais do ano 2019. Polo tanto, temos ano e medio por diante para facer un plan con máis sentido e tranquilidade. Non entendemos estas présas por botar a andar o plan o 8 de agosto, nin entendemos a negativa da Xunta a abrir canles de diálogo para resolver un conflito destas dimensións e que conta co apoio masivo dos traballadores e traballadoras".

Fotografía: Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia

R., 2017-06-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES