
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
Cunha moeda dun euro entre os dedos a portavoz nacional, Ana Pontón, arrancaba simbolicamente a súa interpelación ao presidente da Xunta: Unha moeda dun euro que ao común dos mortais non nós chega para pagar un café, chegoulle a Ana Patricia Botín para facerse cos restos do sistema financeiro galego metendo na súa cesta da compra o Banco Popular-Pastor.
Con esa moeda dun euro, enfatizou, gana a grande banca e perde Galiza, porque desaparece unha entidade galega bicentenaria, porque as PEMES e ás familias quedan sen un punto de apoio crediticio, porque hai 60.000 aforradores e aforradoras estafadas pola banca e o polo Goberno e porque hai máis de 1.000 empregos directos en xogo.
Ante esta situación, a dirixente do Bloque propuxo ao presidente da Xunta facer unha fronte común con tres obxectivos concretos: Garantir o emprego e a marca do Pastor, esixir unha solución para as 60.000 persoas que viron reducidos a cero as súas accións e investigar esta nova estafa bancaria ampliando o obxecto de investigación da actual Comisión parlamentaria das caixas de aforro, sen vetos e sen limitacións.
Igualmente, o BNG propón a creación dunha banca pública galega, hoxe máis necesaria ca nunca, que podería facerse co moito menos do 0,000001% dos 60.000M do rescate da banca privada a costa do erario público.
Pontón acusou a Feijóo de ser cómplice necesario da desaparición do sistema financeiro galego porque, lembrou, cando o dirixente do PPdG chegou a Monte Pío existían Caixa Nova, Caixa Galicia, Banco Galego e Banco Pastor. Hoxe non queda nada, outro logro que sumar a súa estupenda xestión, ironizou, mentres no mesmo contexto Euskadi e Catalunya manteñen a Kutxa e La Caixa, proba evidente de que non estamos ante un problema de competencias, como alegou, senón de incompetencia.
Onde estaba vostede mentres liquidaban ao Pastor señor Feijóo, en Babia? Desde logo, onde non estaba era defendendo os intereses de Galiza, recriminou Pontón, tras criticar a inactividade do xefe do Executivo ante un tema que non pode despacharse pedindo sensibilidade ao Banco Santander, que é tanto como pedirlle ao lobo que non pape ás ovellas.
A dirixente do Bloque preguntouse por qué non se evitou a absorción do Pastor, pois a vista está que foi unha pésima decisión, por qué non se evitou a caída do Popular suspendendo a súa cotización en bolsa, como tres días despois fixeron con Liberbank, e por qué non se evitou que miles de galegas e galegos teñan que volver aos xulgados a reclamar os aforros da súa vida.
Pontón inicio a sesión plenaria expresando a oposición nacionalistas á decisión do presidente do Parlamento de acumular as preguntas formuladas polo BNG e por En Marea porque trampea e desvirtúa a única ocasión de control que temos desde a oposición ao presidente do Goberno, alegou.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.