Noticias

PSdeG y BNG exigen a la Xunta una solución para los pequeños inversores estafados del Banco Popular y que defienda los puestos de trabajo

El BNG y la CIG, y el PSdeG con CC.OO., en reuniones en el Parlamento de Galicia, acuerdan exigir a la Xunta que busque una solución para los pequeños inversores del Banco Popular-Pastor que resultaron "estafados" al perder su dinero tras la venta de la entidad bancaria al Santander. También exigen que defienda los puestos de trabajo afectados, tanto en el sector financiero como en las empresas auxiliares. El BNG muestra su "preocupación" por las consecuencia que tendrá en Galicia esta situación empresarial derivada de una operación que costó "un café con leche", y critica la "pasividad" demostrada por la Xunta.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG mantivo un encontro cos responsables de CIG banca para analizar a situación creada tras a liquidación do Banco Pastor e concordaron na proposta de manter a marca da entidade en Galiza e en dar prioridade tanto ao mantemento do emprego como en buscar unha solución para as persoas estafadas.

Neste sentido, a portavoz parlamentaria de Economía, Noa Presas, sintetizou en catro as propostas da formación nacionalista para deseñar unha “estratexia galega e evitar que Galiza quede como mera espectadora”.

En primeiro lugar, o Bloque solicita unha investigación de todo o proceso de venda “ao prezo dun café” do Banco Popular que implica a desaparición do Pastor, así como a inclusión desta operación de liquidación dos restos do sistema financeiro galego como obxecto de investigación da comisión parlamentaria das caixas de aforro.

En segundo lugar, buscar as fórmulas para a devolución dos aforros a todas as persoas afectadas por esta nova “estafa bancaria”, tendo en conta ademais que unha parte moi importante das accións tóxicas foron adquiridas polos traballadoras e traballadores “coaccionados” pola propia dirección da entidade.

Como terceira medida, Presas propuxo “unha estratexia en defensa do emprego, incluídos tamén os postos de traballo nas empresas auxiliares, por iso é importante manter marca Pastor”. E, por último, a deputada nacionalista demandou un “cambio de temón” na defensa dos usuarios e usuarias da banca lexislando e introducindo todos os cambios normativos necesarios para evitar que sexan presa de estafas bancarias ou da colocación de produtos tóxicos e, ao mesmo tempo, para evitar a súa “exclusión financeira”.

Presas cualificou de “incomprensible a actitude de pasividade da Xunta” ante este novo episodio da estratexia de centralización e concentración bancaria, deseñada desde Madrid coa conivencia de PP e PSOE, “de nefastas consecuencias para Galiza”, dixo, tras denunciar que houbo información privilexiada.

“É evidente que se posibilitou tráfico de información en todo este proceso”, salientou, ao tempo que sinalaba que, de novo, volveron fallar todos os mecanismos de control tanto por parte dos supervisores, -Banco de España e CNVM-, como por parte do Ministerio de Economía. “Teñen que dar moitas explicacións”, salientou.

Na reunión o responsable de CIG banca Clodomiro Montero resaltou as prioridades para a central sindical, que pasan pola defensa do emprego e por dar unha solución á clientela estafada “que é a que nos da de comer”, dixo, tras un encontro no que tamén participou a deputada Montse Prado e responsables do cadro de persoal do Banco Pastor.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

NoticiaO portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou a implicación da Xunta de Galicia para “amortiguar os efectos” da adquisición do Banco Popular por parte do Santander. Así o dixo logo dunha xuntanza cos responsables do sindicato CC.OO. nas dúas entidades financeiras, cos que se comprometeu a presentar iniciativas parlamentarias sobre os efectos do proceso en Galicia.

O responsable socialista anunciou unha serie de propostas para acadar a resposta do goberno galego a esta situación. Advertiu sobre o impacto da operación nos empregos directos e indirectos, así como na exclusión financeira dos núcleos de poboación do interior de Galicia que están en risco de quedar sen ningunha entidade financeira.

Os socialistas galegos reclaman “unha resposta clara” por parte do goberno galego dirixida tanto a explicar a situación como a presentar as súas actuacións de cara ao futuro dun proceso no que Galicia resulta “especialmente afectada”. Lembrou que o Banco Popular contaba cunha importante carteira de clientes galegos procedentes da súa anterior adquisición do Banco Pastor.

Fernández Leiceaga lembrou ademais a “comprensible resposta dos inversores afectados por unha operación na que se senten enganados”, e reclamou unha “solución rápida” dende o eido xudicial que lles permita recuperar os seus aforros.

O responsable socialista estivo acompañado nesta xuntanza polos portavoces de Política Institucional, Emprego e Industria, Juan Díaz Villoslada, Noela Blanco e Abel Losada, respectivamente. Por parte do sindicato participaron a secretaria xeral da federación de Servizos, Lucía Trenor, o responsable do sector financeiro, Francisco Villares, e a responsable de CCOO no Banco Popular, Marina Genaro.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2017-06-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES