
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
A portavoz nacional, Ana Pontón, desprazouse a Sanxenxo para denunciar a estratexia do transfuguismo que o PP decidiu poñer en marcha de cara as eleccións municipais de 2019, que ten como punto de arranque o cambio de cadeiras que ultiman en Sanxenxo para volver colocar a Telmo Martín na Alcadía pola porta de atrás.
Desta estratexia que, avanzou, terá novos exemplos en Pontevedra, responsabilizou directamente a Feijóo e ao presidente popular na provincia Alfonso Rueda, e ten como epicentro a moción de censura encuberta para recolocar ao que foi paradigma da figura alcalde-promotor e máximo expoñente dun urbanismo salvaxe. Por iso, tirando de ironía, Pontón lembroulle a Feijóo as palabras do presidente do Estado co seu célebre son os veciños os que elixen ao seu alcalde.
Recordarlle a Rueda e a Feijóo as palabras dun ilustre visitante desta vila, o señor Rajoy, quen dicía literalmente: Es el vecino quien elige al alcalde y es el alcalde quien quiere el vecino que sea el alcalde. Pois a Telmo Martín non o elixiron os veciños e veciñas de Sanxenxo senón que quere acceder a Alcaldía pola porta de atrás, así que deberían tomar nota das palabras de Rajoy, alegou Pontón.
A dirixente do Bloque criticou que Feijóo está disposto a todo, sen o máis mínimo reparo democrático utilizando as prácticas caciquís que deberían estar erradicadas da política.
Sanxenxo, indicou, ten dereito a ser noticia non por ser parte da estratexia de transfuguismo do PP cara aos comicios locais de 2019, senón polos seus valores, polos seus recursos e por dar pasos adiante para mellor a vida da súa veciñanza, argumentou.
Por contra, no ecuador dos gobernos municipais, o PP amosa o seu nerviosismo e demostra que as vellas prácticas caciquís e do transfuguismo, -que son unha vella forma de corrupción-, seguen instaladas no Partido Popular, pero vai ter enfronte a un BNG que quere gobernos municipais democráticos e libres da corrupción que representa o transfuguismo, explicou a dirixente nacionalista.
Pontón, xunto coa deputada por Pontevedra, Montse Prado, mantivo un encontro co grupo municipal liderado polo portavoz David Otero, no que aproveitou para destacar o traballo da formación nacionalista no Concello a favor de mellorar a calidade de vida da veciñanza, para mudar o urbanismo depredador por outro modelo ao servizo das persoas e por facer máis democrática a institución municipal.
O cambio de cadeiras que ultima o PP neste asalto á Alcaldía implican que gana Telmo Martín e os seus intereses urbanísticos, mentres perde á maioría social do concello que ve o retorno ao un pasado que debería quedar desterrado.
A dirixente nacionalista advertiu que o BNG vai plantar cara ao golpe involucionista do PP a través desta operación de transfuguismo, que mostra como está disposto a todo para socavar o cambio democrático no concello.
Neste sentido, avanzou que o grupo municipal vai traballar para ser o catalizador desa maioría social que aspiraba a deixar atrás a especulación urbanística e que aspira a ter un concello diferente, traballando desde a firmeza e a honradez para darlle unha alternativa a toda a veciñanza que hoxe se move entre a resignación e a indignación ante o que o PP pretende consumar nas próximas semanas.
Pontón demandou de Feijóo que non siga adiante con esta moción encuberta de censura a un goberno democraticamente elixido nas urnas, nin cos pelotozos urbanísticos, nin cos pelotazos á democracia.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.