
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
Primeiro foron 1.400 millóns de euros adicionais para Euskadi e agora o BNG desvela que os orzamentos do Estado recollen unha partida de 3.500 millóns de euros entre 2017-2018 para rescatar as autoestradas madrileñas, unha partida aprobada con nocturnidade na reunión do Consello de Ministros e da que o Goberno de Rajoy non informou na posterior rolda de prensa.
Nesta negociación dos orzamentos do Estado todo o mundo gana menos os galegos e as galegas que son os únicos que perdemos por un presidente entregado ao PP e a Rajoy mentres esquece que foi elixido para defender Galiza, criticou a portavoz nacional, Ana Pontón, tras denunciar ese rescate do que o Goberno central informa na Actualización do Programa de Estabilidade 2017-2020 remitida a Bruxelas.
Na páxina 40 do documento recolle: Para o período 2017-2018 esa rúbrica evolución do gasto en investimentos-, está afectada pola cobertura por importe de 3.500 millóns de euros para atender á responsabilidade patrimonial derivada dos procedementos xudiciais das oito autoestradas de peaxe que se encontran en concurso de acredores....
Euskadi gana 1.400M e unha mellora na tarifa eléctrica en función da lexitima negociación do Goberno vasco e hoxe acabamos de coñecer que tamén gana Madrid porque o Executivo central ten dispostos 3.500M nos Orzamentos do Estado para rescatar as radiais madrileñas impulsadas por Aznar e Aguirre, argumentou Pontón.
Mentres, os orzamentos reflicten o agravio con este país. E a Galiza que lle queda? Un recortazo de 442M nos investimentos do Estado para 2017 e cero para rescatarnos da estafa legalizada das peaxes da AP9, ao contrario, anúncianse subidas, denuncia a dirixente do Bloque.
Neste contexto, Pontón contrasta o resultado de ter un Goberno que exerce para defender os seus interese, -Euskadi-, e un Feijóo marioneta de Rajoy. Cinco deputados do PNV valen o seu peso en ouro, doce deputados do PPdeG non lle valen a Galiza para nada, salvo para restar, sentencia Pontón, quen se preguntaba que máis ten que pasar para que o presidente da Xunta recoñeza o agravio de Rajoy a Galiza.
Que máis ten que pasar para que Feijóo saia do seu ensemismamento e deixe de defender o indefendible, que ten que pasar para que se poña as pilas en defensa do interese xeral deste país? Euskadi gana nesta negociación, Madrid gaña o rescate das radiais socializando as perdas das empresas, pero aquí somos as últimas da fila, reitera.
Pontón insta á unidade de todos os galegos e galegas na defensa dos nosos intereses e para acabar con esta auténtica tomadura de pelo con Feijóo xogando o papel de cabalo de Troia. É urxente non quedarse de brazos cruzados ante o agravio constante ao noso país, porque os galegos e as galegas merecemos respecto
Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.