Noticias

O BNG pide a Feijóo que non subvencione a precariedade laboral desde o goberno da Xunta

A portavoz nacional, Ana Pontón, reclama ao presidente da Xunta que non se promova nin se subvencione a precariedade laboral desde o Goberno galego nin desde ningunha administración pública, e puxo encima da mesa unha dobre proposta nese sentido. Para a portavoz do BNG tamén resulta “inmoral” o empeño de Feijóo en seguir presumindo dunha recuperación económica “que a crúa realidade de milleiros de galegos e galegas".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

“Primeiro, compromiso da Xunta de non colaborar nin contratar a través de empresas de contratación temporal ou con aquelas que usen as ETTs como vía de contratación do seu persoal. E, segundo, remunerando cando menos co SMI os contratos en prácticas ou de formación para evitar que se convertan en man de obra barata”, indicou Pontón.

A dirixente nacionalista fixo estas declaracións desde Vigo, onde reclamou a restitución “de todos os dereitos laborais roubados” baixo a coartada da crise. Neste sentido, Pontón foi moi crítica co feito de que, cun Goberno en minoría de Mariano Rajoy, aínda siga en vigor a denostada reforma laboral do PP.

“Sinceramente, pregúntome como sen maioría absoluta por parte do Goberno central, as forzas estatais aínda non se puxeron de acordo para derrogar a contrarreforma laboral do PP, pese a que supuxo unha agresión sen precedentes aos dereitos dos e das traballadoras”, criticou Pontón.

Para a portavoz do BNG tamén resulta “inmoral” o empeño de Feijóo en seguir presumindo dunha recuperación económica “que a crúa realidade de miles de galegos e galas nega cada día, desde o sufrimento que provoca o paro, a precariedade ou ter que percibir salarios de miseria”. Unha realidade que confirman os últimos datos da EPA, que mostran que o 60% dos novos parados no Estado no primeiro trimestre do ano foron galegos.

Datos aos que se unen os 16.000 empregos destruídos en Galiza no que vai de ano, a taxa de pobreza do 20%, as 132.000 persoas en pobreza extrema cuxos ingresos están por debaixo dos 332 € aos mes, case un 5% da poboación galega, ou a cifra de un 14,8% de asalariados pobres. “Por moito que se empeñe Feijóo na propaganda oficial, medran as desigualdades sociais neste país”, concluíu.

R., 2017-05-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES