
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O socialista explicou que esta modificación esixe a reforma do artigo 11 do Estatuto de Autonomía, e que o obxectivo do seu grupo é poñer este tema na mesa do debate político e ver se todos os grupos da Cámara estamos en condicións de acadar o necesario consenso. Considerou que o aforamento parlamentario responde a outras épocas e a sistemas que non teñen madurado democraticamente, e apuntou que é percibido pola cidadanía como un privilexio dos representantes autonómicos. Hai que superalo, e que os representantes dos cidadáns sexan xulgados polos tribunais ordinarios, como ocorre co resto da cidadanía, afirmou.
Esta iniciativa está dentro das medidas coas que os socialistas están intensificando a loita contra a corrupción na Cámara galega, que precisamente vén de aprobar neste último pleno por unanimidade unha proposición defendida por Villoslada para crear un plan antifraude na contratación pública.
O socialista avanzou que presentarán unha moción con diferentes medidas no vindeiro pleno, entre elas unha para a protección integral dos denunciantes que queiran destapar casos de corrupción das institucións públicas en Galicia. Non vaia ser que nos enteremos, como nos estamos enterando en Madrid, de que o PP tiña noticias de contas en Suíza de Ignacio González e non dá conta desa información, afirmou. Tamén persentarán outras medidas como a necesaria regulación dos grupos de presión (lobbies).
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.