Noticias

El paro en Galicia se incrementa en 12.900 personas hasta marzo de 2017

El paro subió en Galicia en 12.900 personas en el primer trimestre del año, según los datos de la encuesta de población activa (EPA) que publica este jueves el Instituto Nacional de Estadística (INE). Esta cifra supone un incremento del 6.33%, frente al 0.41% registrado por la media del conjunto estatal. También el número de personas ocupadas descendió en 15.900 en Galicia, hasta 1.033.600 (-1.52% respecto a 2016). Los sindicatos gallegos califican estos datos de "nefastos" e insisten en la movilización del 1 de mayo.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia:

Comisións Obreiras (CCOO) considera negativos os datos da enquisa de poboación activa (EPA) do primeiro trimestre de 2017, que cualifica de «nefastos». As cifras coñecidas reflicten que o mercado laboral galego continúa evolucionando peor que a media estatal. «Unha vez máis, os datos revelan que en Galicia estamos moi lonxe de que a recuperación económica chegue ás persoas», alerta Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO.

Segundo a EPA, pérdense 16 000 empregos no primeiro trimestre e ao desemprego súmanse case 13 000 persoas, dous datos «terribles» —segundo Bouza— que implican un terceiro: máis de 3000 galegos e galegas abandonan o mercado laboral por falta de expectativas de emprego.

Aumenta o desemprego, pero tamén a desprotección social: a dirixente sindical asegura que a Xunta «non pode esquecer» que en Galicia hai máis de 217 000 persoas desempregadas e que persiste unha situación «dramática» nos 73 900 fogares con todos os seus membros en paro e nos 36 800 en que non se percibe ningún tipo de ingreso —datos peores que no trimestre anterior.

Ante o «drama» do desemprego e da desprotección social, ao que hai que sumar a pobreza salarial e social, a sindicalista insta a un cambio de políticas, de modelo produtivo e de relacións laborais. «Necesitamos que o Gobernos galego aposte polas persoas, por un plan de choque para o emprego e a protección social e por novo modelo produtivo. Sen estes cambios, Galicia seguirá no vagón de cola das comunidades autónomas españolas», sentencia Bouza.

Por esta razón, CCOO chama a cidadanía «a saír á rúa» o Primeiro de Maio e participar nas manifestacións convocadas de consún coa UGT a prol doutra política, que sitúe en primeira liña a recuperación do emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social para que se recuperen os dereitos económicos e laborais arrebatados e melloren as condicións de vida e de traballo da cidadanía.

Os datos da EPA do primeiro trimestre de 2017 indican que perderon o emprego 16 000 persoas en Galicia, co que a cifra de ocupación baixa ata 1 033 600. En proporción, a destrución de emprego foi maior en Galicia (−1,52 %) que na media estatal (−0,38 %).

A perda de emprego atangue a máis homes que mulleres (15.200 ocupados menos fronte a 800 ocupadas menos) e, por grandes grupos de idade, o colectivo máis prexudicado é o de 25 a 34 anos: 11 000 persoas ocupadas menos ca no cuarto trimestre de 2016 (−5,42 %). Por sectores, pérdese emprego en todos pero con máis forza na construción, que ocupa 4000 persoas menos (–5,70 %), no sector primario 1100 menos (–1,42 %), nos servizos 10 100 menos (–1,37 %) e na industria 800 menos (–0,48 %).

A creación de emprego por conta propia non compensou a perda de emprego por conta allea (unhas 7000 persoas ocupadas máis por conta propia fronte a 24 100 menos por conta allea). Canto á poboación asalariada, hai 20 200 persoas ocupadas menos no sector privado ca no cuarto trimestre de 2016 (–3,12 %) e 4000 menos no sector público (–2,25 %). Polo tipo de contrato, o emprego máis danado é o temporal (13 300 empregos temporais menos e 10 800 indefinidos menos). A taxa de temporalidade está no 25,8 % (25,0 % no primeiro trimestre de 2016).

Desde o primeiro trimestre de 2016 hai 12 500 persoas máis con emprego (2700 homes e 9800 mulleres). En proporción, creouse menos emprego en Galicia que na media estatal: 1,23 % fronte ao 2,27 %. Aínda quedan por recuperar 156 200 postos de traballo para acadar os niveis de ocupación de hai nove anos.

Ademais, esa creación de emprego asenta nunha elevada precariedade: no último ano substituíuse emprego indefinido por temporal (3900 persoas asalariadas menos cun contrato indefinido fronte a 7400 temporais máis). Polo tipo de xornada, o emprego a xornada parcial medrou máis que o de xornada completa (4,09 % fronte ao 0,77 %). No primeiro trimestre de 2017, o 63 % das persoas que traballaban a xornada parcial manifestaron ter ese tipo de xornada porque non atopaban un traballo a xornada completa; só un 8 % afirmou buscala.

No primeiro trimestre de 2017 había 217 100 parados e paradas en Galicia (111 900 homes e 105 200 mulleres), o que implica unha taxa de paro do 17,4 %, que é do 17,2 % nos homes e do 17,5 % nas mulleres. O paro de moi longa duración é desmesurado: o 41,5 % das persoas desempregadas levaban buscando un posto de traballo dous ou máis anos; estaba nesta situación 90 100 persoas.

Hai 12 900 persoas paradas máis ca no cuarto trimestre de 2016 (9200 homes e 3700 mulleres). En proporción, a suba do paro foi maior en Galicia (+6,33 %) ca na media estatal (+0,41 %). En termos anuais, a evolución do paro tamén é peor na nosa comunidade autónoma: en Galicia hai 10 800 persoas menos en paro que hai un ano, o que implica un descenso do 4,72 % cando no conxunto do Estado baixou o 11,19 %.

A gravidade da situación acada as maiores cotas nos fogares con todos os seus membros activos en paro: 73 900 fogares no primeiro trimestre de 2017; son 4300 máis ca no cuarto trimestre de 2016. Por outra banda, hai 36 800 fogares nos que ninguén percibe ingresos.

R., 2017-04-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES