
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
A portavoz nacional, Ana Pontón, ironizou sobre a comisión de seguimento orzamentaria anunciada polo presidente da Xunta, tras coñecerse que Galiza soporta o maior recorte nos investimentos do Estado no que vai do século. Unha comisión de seguimento de que, de seguimento do recortazo de 442M?, se preguntaba Pontón, quen considera inconcibible que xusto cando imos pagar máis impostos o que nos devolva Rajoy é este recortazo.
Neste contexto, Pontón pide a Feijóo que sexa valente e lle plante cara a Rajoy en defensa dos intereses deste país, como fai a súa homóloga en Valencia por exemplo, que xa dixo non a eses orzamentos, o que fai aínda máis incomprensible que aquí o presidente da Xunta non sexa capaz de rechistar.
A dirixente do Bloque fixo unha proposta moi concreta ao xefe do Executivo para emendar a situación, tendo en conta o número de deputados e deputadas populares electas por Galiza no Congreso. Unha soa deputada de Nova Canaria chega para que haxa un incremento dos investimentos nese territorio, por iso retamos a Feijóo a que poña Galiza por diante na defensa dos nosos intereses e que lle diga aos representantes galegos, incluída a Ana Pastor, que digan que non aceptan un recortazo que cercena proxectos importantes como a modernización do ferrocarril, o saneamento das rías, a creación de emprego. Non podemos calar ante unha tomadura de pelo.
Pola contra, a portavoz nacionalista critica que, lonxe de contestar á discriminación, o presidente da Xunta considere colmadas as súas aspiracións aínda que se execute menos dos 924M consignados para Galiza, cifra que supón unha diminución do 32,4%. Un dobre recortazo, o de Rajoy de 442M, e o de Feijóo que, como debe parecerlle moito o que nos deixan di que se conformaría con menos, salientou.
A dirixente nacionalista fixo estas declaracións nun acto dentro da campaña de difusión social da proposta de concerto económico que defende o BNG como alternativa ao actual sistema de financiamento autonómico, que fai perder a Galiza 3.500 M.
O concerto económico na práctica supón darlle a volta a tortilla, na vez de recadar Montoro e decidir como reparte, sexamos os galegos e as galegas quen recademos os nosos impostos e decidamos as prioridades, explicou Pontón, que ve no proxecto de orzamentos do Estado un argumento máis a favor da proposta nacionalista de financiamento.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.