Noticias

El PPdeG rechaza la propuesta socialista de incluir en la comisión de investigación de las Cajas su venta a la entidad venezolana Banesco

El diputado socialista en el Parlamento gallego, Abel Losada, propuso incluir el período que va desde la explosión de la burbuja inmobiliaria hasta la venta de las cajas gallegas fusionadas a Banesco, lo que calificó de "negocio redondo" para la entidad venezolana. Reclamó así los informes que supuestamente advertían de la pérdida de valor de la entidad que no se produjo, así como una subasta en la que el resto de entidades participantes permitieron con sus ofertas a venta por apenas 1.000 millones de euros.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión das Caixas, Abel Losada, reclamou “desestacionalizar” o período de estudo do dito órgano. No debate sobre as normas de funcionamento do órgano, propuxo analizar tanto a aceleración do proceso de venda de NCG a Banesco, e que garantiulle á entidade venezolana un “negocio redondo”, como as modificacións normativas por parte dos gobernos do PP que permitiron a “burbulla inmobiliaria”, o que foi vetado polo PP.

O responsable socialista propuxo incluír o período que vai dende o estoupido da burbulla inmobiliaria ata a venda das caixas galegas fusionadas. Reclamou así os informes que supostamente advertían da perda de valor da entidade que non se produciu, así como unha subhasta na que o resto de entidades participantes permitiron coas súas ofertas a venda por apenas 1.000 millóns de euros.

Sinalou que “a premura non se explicou suficientemente”, malia que teña suposto poñer nas mans dos inversores venezolanos un “Eldorado” que lles permitiu cancelar a débeda con un ano e medio de antelación. Explico que unha entidade que supostamente estaba “ao límite” puido conceder uns beneficios de 1.157 millóns en 2014 e, despois dun forte proceso de desinversión industrial, deu 330 en 2015 e 336,3 en 2016.

Losada apelou ás declaracións de Feijóo hai dous anos e medio, cando sinalaba que “no tenemos miedo a analizar cualquier cosa en una Comisión de las Cajas que decidimos crear nosotros”, o mesmo que o pasado 27 de febreiro agardaba que a Comisión constituída no Congreso permitira “saber máis sobre a situación das caixas galegas”.

Criticou que o PP pretenda limitar o período de estudo aos gobernos de Touriño en Galicia e Zapatero en Madrid, polo que reclamou equiparar o período analizado ao da Comisión do Congreso, e remontarse a lo menos ao ano 2000, “e tampouco tería inconvinte a remontarnos a 1996 ou mesmo a 1993” para analizar as orixes da burbulla inmobiliaria grazas aos gobernos do PP.

Losada reclamou un “calendario o máis pechado posible, cun horizonte razoable” para evitar a tentación de que o PP volva “crioxenizar a Comisión durante outros 44 meses”, como fixo na última ocasión para impedir a aprobación das conclusións do órgano. Todas estas propostas foron desbotadas polo PP, que impuxo as súas normas de funcionamento.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

A Comisión de investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforro galegas e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos celebrou esta mañá unha sesión na que se aprobou, sen ningún voto en contra, as súas normas de funcionamento. Así mesmo, abriuse un prazo ata o sábado 18 de marzo para que os grupos parlamentarios poidan formular suxestións para a elaboración do plan de traballo.

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, lembrou que o obxectivo é “darlle á cidadanía unha boa información e unha exposición plausible sobre o que aconteceu coas caixas de aforro galegas”, para o que afirmou que “podemos chegar a acordos” entre todos os grupos parlamentarios.

Así mesmo, Puy coincidiu en que “é razoable” un prazo de entre 6 e 9 meses para elaborar o ditame da ponencia, ao tempo que anunciou a solicitude de incorporación de nova documentación sobre as sentenzas xudiciais contra os xestores das caixas ou o informe de fiscalización da venda realizado polo Tribunal de Contas.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG

R., 2017-03-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES