
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
O BNG aproveitou a celebración do Día da Clase Obreira Galega para facer balance da situación do mercado laboral en Galiza, que se traduce en cifras de desemprego alarmantes entre a xente moza, caída da ocupación e das persoas asalariados e incremento da precariedade, con miles de persoas pobres aínda tendo traballo e que un aumento da sinistralidade.
A crise provocou un grave deterioro das condicións laborais, un recorte de dereitos e un cambio sociolóxico que consiste en que un emprego non garante unha vida digna e hoxe temos traballadores e traballadoras probes, indicou a portavoz nacional, Ana Pontón, desde Ferrol ante o monumento do 10 de Maio en memoria de Daniel e Amador asasinados nas loitas sindicais dos 70 pola policía franquista.
A radiografía do mercado laboral indica que hai 160.000 persoas ocupadas menos que no inicio da crise, e que desde 2009 todo o emprego que se destruíu foi entre xente moza expulsados de Galiza cara a emigración, ao tempo que se incrementaron as desigualdades salariais.
En 2009 o salario dunha persoa con máis ingresos equivalía a 66 traballadoras con menos ingresos. En 2016 a relación era 1 a 89 e, en paralelo, decaen as rendas salariais máis baixas que non chegan a metade do SMI, explicou Pontón. Ao mesmo tempo, a reforma laboral incrementou a sinistralidade en Galiza nun 9%.
Pontón formulou as propostas do Bloque para corrixir esta situación é rescatar os dereitos dos e das traballadoras. En primeiro lugar, derrogar as reformas laborais do PP e do PSOE que están roubándolle dereitos a clase traballadora e provocando unha crise social moi importante, denunciou a portavoz nacional. En segundo lugar, poñer en marcha un Plan de emprego xuvenil para que a mocidade teña oportunidades en Galiza e non teña que escoller entre a emigración ou un salario que non garante uns mínimos vitais. E, en terceiro luar, medidas específicas para acabar coa alta sinistralidade no noso país con máis medios e recursos en inspección de traballo e en prevención de riscos laborais e formación.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.