
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
Hai gobernos activos e hai gobernos oíntes, o noso é un goberno oínte, sinalou Luís Villares na habitual rolda de prensa para valorar a actualidade política. En referencia ao último episodio da compra de Opel por PSA, da que aínda se descoñece a reacción do goberno galego, o voceiro parlamentario de En Marea considera que estamos asistindo a unha reordenación e concentración do sector do automóbil que ten efecto e alcance en toda Europa e que en Galicia nos afecta de xeito direto con todo un sector artellado ao redor de Citröen e dos compoñentes que precisa para a fabricación de coches para o que é preciso unha estratexia concreta do Goberno galego que debería traballar con previsión para garantir os postos de traballo en todo o país.
Queremos que haxa unha estratexia industrial galega de I+D+i, un desenvolvemento da industria 4.0 que garanta que Galicia non quedará excluída da construción do automóbil a nivel de Europa, reivindicou Villares. Non contamos cun sistema ferroviario, aeroportuario e portuario que favoreza a implantación de novas empresas , nin unha estratexia clara en materia impositiva e fiscal que mobilice solo industrial, concluíu antes de anunciar que estas reivindicacións centrarán a actividade política de En Marea.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.