Noticias

La película María y los demás, ganadora de los Mestre Mateo 2017 del audiovisual gallego al recibir 5 premios, entre ellos el de mejor largometraje

La Academia Galega do Audiovisual celebró en el Palexco de A Coruña la gala de entrega de los Premios Meste Mateo 2017 en la que el filme "María y los Demás" resultó ganadora con 5 galardones, entre ellos el de mejor largometraje del año.

Nota de prensa de la Academia Galega do Audiovisual:

A longametraxe María y los Demás (producida por Frida Films, Avalon, , TVG, Movistar Plus e TVE) foi a gañadora de decimoquinta edición dos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. Foi a producción que máis galardóns obtivo (cinco) e acadou ademais o premio á mellor longametraxe. Tamén a súa protagonista, Bárbara Lennie, obtivo o premio á mellor interpretación feminina. Acadou ademais os premios ao mellor guión, son e música orixinal.

A segunda no palmarés foi a serie Dalia, a Modista, que obtivo catro premios: interpretación feminina de reparto (Covadonga Berdiñas), dirección de arte, vestiario e maquillaxe e perruquería.

Tres premios Mestre Mateo obtivo o documental Esquece Monelos: mellor documental, dirección de fotografía e montaxe)

O premio ao mellor programa de televisión foi para Land Rober Tunai Show. O seu conductor, Roberto Vilar, levou tamén o Mestre Mateo ao mellor comunicador de TV.

No apartado de traballos actorais, ademáis do galardón para Bárbara Lennie, Luis Tosar levou o premio ao mellor actor protagonista por Cen Anos de Perdón. O Mestre Mateor para a mellor interpretación masculina de reparto foi para Monti Castiñeiras polo seu trabalo en Serramoura e a feminina para Covadonga Berdiñas por Dalia, a Modista.

Na súa intervención, o presidente da AGA, Carlos Ares, fixo un chamamento de atención respecto á situación pola que están pasando cerca do 60% dos actores e actrices galegos, que non poden vivir da súa profesión. «Cómpre tentar mellorar esta situación, cómpre traballar para evitar a precariedade. E isto non é algo que debamos descargar só nas Administracións. É unha situación que debemos tentar reverter entre todos e todas: Administración, profesionais e empresas. Esta Academia quere ser un interlocutor para ese diálogo˝, sinalou.

Tamén fixo especial mención á situación de discriminación das mulleres no sector audiovisual. «Queremos non ter que celebrar que haxa o mesmo número de mulleres directoras que homes. Queremos que non sexa algo excepcional ter historias con mulleres protagonistas, que non sexa algo que resaltar. Esta Academia ten un firme compromiso coa igualdade, como non pode ser doutro xeito. Porque é de xustiza».

O presidente da AGA tamén reclamou « que se desenvolva o Estatuto do Traballador e traballadora da Arte e da Cultura. Un estatuto que poría a profesionais de todos os eidos da Cultura á altura de países da contorna».

«Non pedimos privilexios, nin moito menos» dixo para rematar Carlos Ares. «Só pedimos ter dereito ás mesmas prestacións por baixa laboral, enfermidade, maternidade, paternidade, desemprego ou xubilación que o resto de traballadoras e traballadores do país».

Pola súa parte, tras recoller o Premio de Honra “Fernando Rey”, a directora de arte Marta Villar recoñeceu que na súa vida tivo dúas obsesións, «o meu traballo e a miña familia».

A premiada chamou a atención sobre a desigualdade xeográfica do audiovisual galego. Galicia tradicionalmente foi un gran estudio de cinema, de norte a sur e de leste a oeste, tanto para nós como para as producións de fóra. A crise está a relegar este estudio a escasos quilómetros ao redor dunha cidade, 40 minutos de desprazamento desde a oficina de produción, pois dificilmente pódense asumir outros custos na situación actual».

Marta Villar chamou a atención das Aministracións para que «na medida do posible poñan en valor o seu territorio dando facilidades á producción. E reclamo institucións para esta finalidade».

«A nosa diversidade é tan inmensa como singular e por iso universal. Recuperemos a totalidade do noso territorio como estudio de cinema e así enriqueceremos o noso audiovisual ao mesmo tempo que á sociedade galega», dixo antes de rematar cun «moitas grazas, moito traballo e moita igualdade».

R., 2017-03-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (lugopoetica-2026.jpg) O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
Foto de la tercera plana (industria.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.

Notas

A Conferencia internacional de investigación en linguas celebrou o ano pasado a súa primeira edición, un evento que marcou o fito inaugural do Instituto de Investigación iLingua. O simposio nacía con vocación de continuidade e así será, porque en novembro terá lugar a segunda edición. O programa do CIIL26 incluirá, ademais de conferencias plenarias convidadas, comunicacións presentacións e exposicións de pósteres.
Quince centros educativos galegos participarán no VII programa Talentos Inclusivos do CITIC, tal e como se recolle na resolución publicada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Dez centros da provincia da Coruña, dous de Lugo, un de Ourense e dous de Pontevedra súmanse a esta iniciativa, orientada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que contribúan a mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con discapacidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES