Noticias

En Marea reclama al Gobierno que tome medidas ante la nueva venta de productos tóxicos por las entidades bancarias

En Marea presentó en rueda de prensa las iniciativas registradas en el Congreso de los Diputados relativas a denunciar a continuación de las malas prácticas por parte de la banca comercial en la venta de productos financieiros, de nuevo tóxicos y con riesgos reales de pérdida de poder adquisitivo para los inversores minoristas. La CNMV emite un informe en el que recoge las malas prácticas de la banca comercial.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

Yolanda Díaz fixo referencia ao novo informe feito público esta semana pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), que “vén a dar a razón ao denunciado xa por En Marea e os representantes sindicais da banca” e que sinala “que existen algunhas debilidades nas prácticas comerciais das entidades bancarias”. A CNMV publica este informe trala realización dunha proba piloto de utilización da ferramenta “mystery shopping”, dentro do seu plan de actividades de 2016, na que se simulou visitas de clientes ou potenciais clientes a diversas entidades bancarias ao obxecto de comprobar o modo en que se comercializan unha serie de produtos financeiros.

En relación á proba piloto levada a cabo pola CNMV, En Marea rexistrou unha pregunta no Congreso para coñecer qué entidades foron evaluadas, e destas, cales desenvolven as malas prácticas denunciados no seu informe pola CNMV, e qué sancións se lles vai impor. Porque, como destacou Yolanda Díaz esta mañá, “seguimos a vivir nunha permanente estafa por parte dos poderes financieiros, cunha economía financializada polas as entidades bancarias, que xa non cumpren o rol social de incidir na vida das persoas, senón que funcionan como unha gran ruleta na que se trata de obter rápidos beneficos poñendo en risco aos pequenos aforradores”.

De feito, a deputada de En Marea sinalou que, tal e como se denuncia no informe da CNMV, “non mudaron as malas prácticas da banca comercial á hora de colocar productos de alto risco, senón que aumentan estas prácticas, que ademáis se fan de xeito verbal e sen avisar ao consumidor minorista dos perigos do producto, tan só se lles informa dos beneficios e ademáis de xeito verbal única e exclusivamente”.

Pola súa banda, Antón Gómez-Reino denuncia que, de novo, se repiten as malas prácticas da banca comercial na súa relación cos clientes minoristas, como xa foron no pasado recente a colocación de preferentes, a inadecuación de tipos de interese de referencia ou a introdución de cláusulas solo. Prácticas que supuxeron perdas económicas considerables para miles de pequenos aforradores.

A este respecto En Marea esixe do Goberno, de xeito urxente, a adopción de medidas para que por parte da CNMV se realice a valoración, evaluación e dictame sobre la adecuación e idoneidade dos diferentes productos financieros postos no mercado. E tamén que se establezan medidas de control e supervisión adecuadas e suficientes para garantir a eliminación de sistemas de incentivos, comisións e/ou castigos que poidan xerar situacións de conflicto de intereses nas prácticas de asesoramento financieiro a clientes.

En Marea tamén denuncia as malas prácticas seguidas pola banca en relación ao seu propio persoal, destacando as presións que sofren os cadros de persoal dos bancos enfrontándose a uns obxectivos crecentes de colocación deste tipo de produtos financeiros complexos, nun marco de reestruturación do sector con numerosos e constantes expedientes de despedimentos.

Ademáis os traballadores queixanse de que se lles exise o desenvolvemento dun traballo, o de asesoramento destes productos tóxicos, sen a cualificación e formación reglada necesaria, tal e como estipulan as últimas normativas europeas.

A este respecto, En Marea pregunta ao Goberno se ten previsto desenvolver un sistema público de formación e certificación en materia de asesoramento financieiro, así como un sistema de acreditación da experiencia profesional para a obtención desta certificación A este respecto, a representante de acción sindical da CIGbanca, Gladys Afonso, denunciou na rolda de prensa que a única entidade que a CNMC recoñece para emitir esta cualificación ata o de agora é unha entidade privada, a EFPA, formada por consultoras onde teñen participación os grandes grupos bancarios do estado”, algo que definiu como “perverso”.

Ademais, e non menos grave é a situación de indefensión dos traballadores, xa que unido ás prevións que exercen dos seus superiores para a venda destes productos, coa aplicación da nova normativa europea, se convirten responsables subsidiarios da venta do mesmo, co cal “nos vemos obrigados a responder co noso patrimonio persoal e a nosa liberdade individual”, tal e como destacou Gladys Afonso na rolda de prensa.

Nesta rolda de prensa os representantes de En Marea tamén se referiron ao novo veto do Goberno central ao lexislativo galego, toda vez que o executivo de Mariano Rajoy non acepta a tramitación da Lei aprobada no Parlamento de Galicia en marzo de 2014 e que pretendía que todas as persoas engañadas coas participacións preferentes e productos financieiros semellantes poideran recuperar "íntegramente" o seu diñeiro.

Ta e como denunciou na rolda de prensa Yolanda Díaz, é inaceptable a postura do Goberno central, que esgrime como excusa que aplicala perxudicaría as cifras do déficit do Estado. Díaz Pérez destacou que é moi grave o que está a suceder, unha situación que amosa a consolidación da enorme estafa na que seguen a afondar os partidos do réxime, que non están dispostos a erradicar o modelo económico centrado nas grandes oligarquías”.

R., 2017-02-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES