
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, instou ao presidente da Xunta a denunciar a Portugal diante da Comisión Europea por romper as regras da competencia por axudas estatais non autorizadas ao conceder solo industrial gratuíto. Así o dixo na sesión de control ao presidente da Xunta, centrada en torno á fuga da industria auxiliar do automóbil ao país veciño.
Fernández Leiceaga advertiu que unha análise urxente das evidencias sinala que Portugal incumpre a normativa comunitaria ao ofrecer solo industrial a custe 0, o que supón uso de recursos públicos que dan unha vantaxe económica selectiva, con distorsión da competencia e o comercio, segundo o regulamento da UE que regula estas axudas.
O portavoz socialista demandoulle á Xunta que estea máis preocupada e máis activa logo de constatar que por primeira vez a chegada da produción de novos modelos de vehículos a Galicia non atrae novos provedores. De feito, explicou que Portugal acolleu ás últimas 20 novas empresas do sector e Galicia ningunha, e resumiu que nos últimos 5 anos perdemos 2.000 empregos e os nosos veciños gañaron 6.000.
Replicoulle a Feijóo que a, coa excepción de VIZA e GKN, as empresas que rodean Vigo están abrindo novos proxectos ou reforzando os que xa teñen ao outro lado da raia, co que a industria auxiliar galega recibiu un investimento que é un terzo do de Portugal.
Lamentou que o goberno galego asiste pasivamente á rápida deslocalización da industria auxiliar sen unha acción decidida que permitaequilibrar a apertura de novas empresas, a realización de investimentos e a creación de empregos. Demandou a intervención da Xunta en formación, en loxística, en emprendemento, pero sobre todo en materia de solo industrial competitivo.
Fernández Leiceaga instou ao presidente da Xunta a reforzar as vantaxes coas que conta Galicia impulsando a produtividade e a capacidade de innovación, así como a través dun programa de incentivos autorizados máis potente. Propuxo así un programa de formación e fomento do I+D+i empresarial, logo de que pecharan 2016 sen convocar as axudas ´ña formación para ocupados.
Ademais, urxiu á dispoñibilidade e custe do solo industrial que dependa da política pública para competir cun país veciño que dispón de 40 millóns de metros cadrados entre 0 e 50 euros, mentres en Pontevedra custan entre 120 e 350 euros o metro cadrado.
O portavoz socialista propuxo finalmente dotarnos de ferramentas parlamentarias de análise e seguimento, a través da creación dunha subcomisión, dentro da Comisión de Industria do Parlamento, que analice a situación e o futuro da industria do automóbil e propoña en 6 meses as liñas de acción necesarias.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.