
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o portavoz nacional da Fronte Obreira Galega, Segundo González, asinaron en Vigo o protocolo de integración do FOGA no Bloque ao concordaren na necesidade de unidade de acción das forzas nacionalistas para avanzar cara unha Galiza soberana con organizacións propias.
É un día importante, un día gratificante e de celebración porque sumamos máis persoas e máis pluralidade ao BNG, sumamos para redeseñar a casa común do nacionalismo convertendo ao Bloque nun proxecto máis forte neste tempo novo, proclamou Pontón no acto de sinatura, no que agradeceu a todas as persoas do FOGA o seu traballo, coherencia e lealdade ao servizo de Galiza.
Esta integración ven precedida dunha colaboración previa ao longo dos últimos meses, como a participación na mesma candidatura nas pasadas eleccións xerais formando parte da lista NÓS-Candidatura Galega ao igual que nos últimos comicios galegos, onde se compartiu campaña, programa e lista electoral.
Únenos os mesmos intereses na defensa do país e en fortalecer a alternativa do nacionalismo, por iso esta integración é un paso natural dun camiño que levamos tempo andando, indicou Pontón, quen avanzou que non é a primeira nin será a última incorporación ao Bloque.
Neste sentido, salientou Pontón que, desde as eleccións galegas, máis de 800 persoas se incorporaron ao BNG, 320 como militantes e o resto como simpatizantes, dos que o 40% teñen menos de 25 anos, moita xente nova que está ensanchando a base do Bloque é que nos da novos azos en vésperas dunha asemblea nacional transcendente para nós pero, é o digo con humildade, tamén para Galiza.
Pola súa parte, o portavoz de FOGA, tras admitir a desilusión con ANOVA e con AGE dos que formou parte, botou man de Benedetti para asegurar que o BNG é a nosa casa, e así vai ser porque na rúa, cóbado con cóbado, somos máis ca dous.
O protocolo recolle unha serie de principios compartidos, como a defensa do dereito de autodeterminación e da soberanía do pobo galego, defensa dos dereitos sociais e económicos da clases populares, aposta pola igualdade de homes e mulleres, defensa dunha economía aos servizo do pobo que permita xerar riqueza e emprego e contar cos recursos suficientes para manter servizos públicos e sociais de calidade e universais.
Igualmente, inclúense nese relatorio de principios compartidos o pleno desenvolvemento da identidade nacional, lingüística e cultural, así como unha democracia real e participativa.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.