Noticias

El paro baja en Galicia hasta una tasa del 16.29% en el año 2016. 18.500 personas abandonan la lista de desempleados en el último año

El paro baja en Galicia en un total 18.500 personas en Galicia en 2016 y registra una tasa de desempleo del 16,29%. Feijóo cree que lo datos permiten "albergar esperanzas" de seguir bajando estas cifras hasta el 10% "al final de la legislatura". En Marea no entiende el discurso "triunfalista" con los datos de la EPA, mientras que ell BNG afirma que la realidad laboral en Galicia es "muy preocupante". Los sindicatos denuncian el "descenso de la población activa" y la "precarización" laboral.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de EU-IU:

Respecto aos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que o INE fixo públicos, Yolanda Díaz, coordinadora de Esquerda Unida e deputada de En Marea, sinalou que “Galicia sigue na senda da destrución incesante do emprego indefinido, onde a temporalidade continúa a ser a característica principal dos contratos en Galicia (os contratos temporais creceron nun 6%), unha porcentaxe que demostra que o obxectivo da reforma laboral do PP, no camiño da destrución do emprego de calidade, estase a cumprir”.

Neste senso, para Díaz, “non se pode consentir que se oculten claves fundamentais desta lectura. Se ben é certo que traballa máis xente é porque temos o mesmo traballo, ou menos, aínda que máis repartido entre traballadoras e traballadores precarios que cobran menos e non chegan a fin de mes. A realidade é que a masa salarial á a mesma, o que muda son os salarios e as condicións laborais, que empeoran, seguindo así o obxectivo e intereses das grandes multinacionais: a destrución de emprego indefinido e de calidade e a condena de xeracións futuras a vivir condicións precarias inaceptables”, sinala.

Doutra banda, “o ritmo de creación de emprego está a diminuír perigosamente, o que demostra que estamos nunha situación de debilidade que pode acabar con novos ataques contra os dereitos das traballadoras e traballadores”, expresa. Para Esquerda Unida estes datos mostran a incapacidade do modelo de goberno implantado por Feijóo á hora de garantir os dereitos dunha clase traballadora cada vez máis precarizada e afectada pola drástica redución de salarios e da súa calidade de vida.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO. Galicia:

Comisións Obreiras (CCOO) ve na enquisa de poboación activa (EPA) do derradeiro trimestre do 2016 un «balance negativo» do último ano. A xuízo da secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, os datos debuxan unha Galicia con menos emprego e un volume «insostible» de paro, precariedade e pobreza. Segundo a sindicalista, a actividade recupérase, mais non o emprego, xa que o noso país segue a padecer os efectos negativos da reforma laboral: substitución de emprego indefinido por eventual e a tempo parcial, peores salarios e menores dereitos asociados.
Menos emprego e un volume insostible de paro, precariedade e pobreza

A responsable de Emprego de CCOO repróballe ao presidente da Xunta que «intensifique» en Galicia as «receitas» de Mariano Rajoy, que ata o de agora deixan máis paro, destrución de emprego, desprotección social e, «sobre todo, perda de expectativas de desenvolver un proxecto de vida na propia terra».

Por esta razón, CCOO insta a Xunta de Galicia a facer unha «emenda á totalidade» das súas políticas e aproveitar os orzamentos que se están a tramitar no Parlamento para recuperar o papel do sector público —motor da actividade e do emprego— na economía galega. Isto, xunto coa restitución dos dereitos arrebatados aos empregados e empregadas públicas e a aposta por un novo modelo de desenvolvemento e o incremento da protección social.

Maica Bouza pídelle ao sector empresarial «compromiso» coa reactivación da actividade, que ha comezar pola recuperación do poder adquisitivo dos salarios, e continuar pola creación de emprego de calidade. Na súa opinión, estas son condicións «indispensables» non só para restituír os estándares de vida anteriores á crise, senón mesmo para superala.

R., 2017-01-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES