Noticias

El PPdeG se prepara para las elecciones municipales de 2019 y se posiciona como alternativa al populismo

El PPdeG se prepara para afrontar en mayo de 2019 el proceso electoral de los comicios municipales, destacando que seis de las siete ciudades gallegas viven actualmente "una situación límite" tras las elecciones de 2015. Con los portavoces locales de su formación en Santiago, Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense y Pontevedra, Miguel Tellado reconoce los "insuficientes resultados" de hace dos años.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, mantivo unha reunión cos diferentes responsables municipais do partido nas cidades galegas de cara a comezar a construír “desde xa” un proxecto gañador e de goberno para as próximas eleccións municipais. Así, lamentou que a meirande parte delas sexan “vítimas” de gobernos que van camiño de levalas a todo un mandato perdido.

“Cunha honrosa excepción”, matizou, a de Ourense, cun alcalde ao que cualificou de “exemplo” para todos os rexedores de Galicia. Así, sinalou que a labor de Jesús Vázquez non é fácil, posto que nunca é doado gobernar en minoría, pero é aínda máis difícil facelo cando enfronte hai unha oposición irresponsable e instalada no bloqueo.

Tellado indicou que o rival nos próximos tempos seguirá a ser o populismo “xa sexa na súa vertente de dereitas, de estrema esquerda ou socialista”, e subliñou que a única alternativa posible a esta forma de facer política é a que ofrece o PPdeG. Dos populistas, quixo subliñar que “2015 foi o ano do seu ascenso, pero 2016 serviunos para saber que os galegos canto máis os coñecen, menos os votan”.

Tomando como referencia os resultados do 25 de setembro, o secretario xeral opinou que “a meirande parte de galegos na meirande parte de concellos” están dispostos a confiar nun modelo fundamentado na responsabilidade, o rigor na xestión e o crecemento, por iso ve necesario poñerse a traballar de inmediato para poñer á súa disposición un proxecto serio, crible e do que se poidan fiar. “Porque a confianza dos cidadáns non se consegue nunha campaña electoral, senón que se constrúe con vocación de servizo no día a día”, recalcou.

Tellado anunciou que reunións coma esta terán continuidade no tempo, porque estes foros serven para “aproveitar sinerxias” que se poidan dar entre as diferentes agrupacións, xa que entende que as cidades teñen “problemas comúns aos que darlle solucións comúns”. De igual xeito, tamén avanzou que tanto o presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, como el mesmo manterán encontros de traballo similares en localidades de toda Galicia.

No mesmo sentido, o secretario xeral concluíu que os populares son o “único partido en Galicia” que pode manter xuntanzas deste tipo en Galicia xa que tamén é o único que ten unha estrutura cohesionada, mantén o mesmo discurso en todas as cidades e non ten alcaldes ou portavoces enfrontados á dirección autonómica.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PPdeG

R., 2017-01-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES