Noticias

En Marea propone una bonificación de hasta el 90% en el IBI de las rentas más bajas y el PPdeG lamenta que la oposición pida aumentar impuestos

En Marea propone una bonificación de hasta el 90% en el IBI para las rentas más bajas y aumentar el impuesto para las viviendas vacías entre un 50% y un 75% para lo que reclama que se defina qué es vivienda vacía para que los ayuntamientos puedan acometer una política fiscal que favorezca el acceso. El PPdeG reprocha a la oposición que pida una subida de 200 euros anuales en los impuestos de los gallegos.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, reprochou á oposición que, no debate sobre os orzamentos, pida desandar o camiño andado nas dúas pasadas lexislaturas. “PSdeG, As Mareas de Podemos e BNG pedirán máis impostos e máis débeda pública”, dixo. Tal e como indicou, segundo os documentos que presentaron no Parlamento, todos os partidos propoñen unha forte subida do IRPF e a creación de novos tributos, que supoñerían unha subida media de 200 euros anuais nos impostos que pagaría cada contribuínte galego. Deste modo, Tellado manifestou que baixo eufemismos como "política de ingresos non conformista" ou "maior soberanía fiscal", a esquerda reclama unha “navallada fiscal” por riba dos 200 millóns de euros.

Pola contra, asegurou que “as contas de 2017 volverán poñer negro sobre branco o modelo de xestión económica do PPdeG”. Tellado salientou que este modelo se fundamenta “no rigor na xestión das contas públicas, na aposta pola creación de emprego e a modernización dos sectores produtivos e nas baixadas de impostos unha vez superadas as dificultades financeiras”. “O noso modelo é moi claro. Galicia aplicouno fielmente desde 2009 e os cidadáns premiárono nas urnas en repetidas ocasións”, engadiu.

“Mentres no PPdeG cremos que o incremento de recursos da administración ten que vir dado da mellora da economía, a oposición cre que ten que vir de esquilmar aos cidadáns, que tantos esforzos fixeron durante a longa recesión”, admitiu incidindo en que, ademais, tamén piden aumentar a débeda pública, “non só para afogar ás xeracións presentes, senón tamén ás futuras”. “Gustaríanos instar aos grupos de esquerda a que tomen o camiño da responsabilidade, das propostas realistas e a crítica construtiva. Ese é o camiño que levan tomando os galegos durante máis de oito anos”, remarcou Tellado.

Durante a súa intervención en rolda de prensa, Tellado tamén fixo referencia ao vindeiro Congreso Nacional do partido, no que o PPdeG e o presidente Feijóo teñen unha participación destacada como redactores da Ponencia Económica e de Administración Territorial. O secretario xeral avanzou que os poñentes deste documento -entre os que se encontran Javier Arenas, Alfonso Alonso, Xavier García Albiol ou José Ignacio Ceniceros- volverán encontrarse este sábado en Santiago de Compostela para explicar con máis detalle o contido do mesmo, una cita na que contarán coa presenza da vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría e aos ministros Álvaro Nadal e Fátima Báñez.

En vésperas da Conferencia de Presidentes autonómicos, Tellado considera que unha ponencia como esta cobra aínda máis importancia, porque permite ter unha folla de ruta clara e actualizada en cuestións centrais como o debate do financiamento autonómico. “A importancia de que no seu equipo redactor estea Alberto Núñez Feijóo radica en que no propio ideario do Partido Popular estará presente a nosa máxima de que non se poden consentir privilexios entre comunidades nin criterios de reparto que non estean fundamentados nas necesidades dos cidadáns”, destacou. Así mesmo, Tellado admitiu que a Ponencia que presentarán todos este sábado significa a consolidación do modelo que Galicia leva aplicando nas últimas lexislaturas e que está baseado no rigor como base da xestión das contas públicas, nun sistema fiscal que sosteña os servizos públicos sen lastrar a actividade económica e nun país que non cre nos privilexios dos territorios, senón nos dereitos das persoas.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

A deputada no Congreso dos Deputados Alexandra Fernández e o viceportavoz do grupo parlamentario de En Marea, Antón Sánchez compareceron no Parlamento de Galicia para informar da petición ó Goberno do Estado para que permita aos concellos regular unha bonificación de ata o 90% do IBI en función da renda e que defina o concepta do “vivenda baleira” para poder aplicarlles unha maior carga impositiva.

Froito deste traballo interinstitucional de En Marea, Alexandra Fernández agarda darlle continuidade a esta proposta a través da Comisión de Facenda no Congreso para que os concellos logren un novo marco xurídico “que lles permita facer bonificacións ás persoas máis desfavorecidas e aplicar recargos ás vivendas baleiras para garantir o dereito constitucional de acceso á vivenda ”. Para a deputada de En Marea “o IBI foi empregado nos últimos anos como un mecanismo de recadación por parte dos concellos asfixiados polos recortes do PP e o seu dogma de teito de gasto”.

Para o vicevoceiro de En Marea no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez o obxectivo prioritario da iniciativa, a primeira aprobada nesta lexislatura pola Cámara galega, é corrixir a política fiscal do PP aplicada durante os últimos anos, que grava as clases traballadoras mentres privilexia as grandes fortunas, incrementando as desigualdades sociais. “Durante os anos da crise cando nos dicían que todos tiñamos que arrimar o ombreiro as maiorías tiveron que facer enormes esforzos mentres que os que causaron a crise saíron reforzados economicamente”, denunciou Sánchez, tras explicar que dende a chegada de Rajoy ó Goberno en Galicia incrementouse a recadación do IBI en preto do 50%.

Os dous parlamentarios coincidiron na necesidade de desenvolver na norma de xeito inminente a definición de vivenda baleira pois nestes momentos “os concellos non poden empregar este instrumento para facer do IBI un imposto máis xusto e mobilizar as 600 mil vivendas baleiras que ten este país, moitas delas mercadas con fins especulativas”.

R., 2017-01-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES