
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
O BNG inicia o curso político coa presentación das súa prioridades de traballo que a portavoz nacional, Ana Pontón, concretou en tres grandes urxencias: blindar os servizos públicos e sociais, a creación de emprego e a loita contra a violencia machista.
Ao lado destes tres obxectivos, a dirixente nacionalista explicou os medios para conseguilos. Un concerto económico galego que se traduza nun novo sistema de financiamento, no que o Estado deixe de facer caixa con Galiza, porque a diferenza entre o que recada e despois inviste aquí arroxa un déficit de 3.000 millóns de euros anuais.
O actual modelo fíxonos perder máis de 9.000 millóns de euros, subliñou Pontón, mentres Feijóo preferiu primar os interese do PP aos intereses de país. Por contra, un concerto económico galego blindaría os recursos para política social e servizos públicos porque evitariamos ser vítimas das arbitrariedades e das chantaxes do Estado, como impoñer subidas no gasto militar ou que cada galega e galego teñan que pagar 50 para rescatar as radiais madrileñas, mentres seguen os recortes e a estafa das peaxes, alegou Pontón.
Neste sentido, o Bloque vai iniciar unha campaña social entre axentes e colectivos de todo tipo para explicar a proposta de concerto económico, claramente beneficiosa para Galiza.
En relación a creación de emprego como prioridades, a proposta nacionalista pasa por ir a un modelo económico que teña como aposta estratéxica a I+D+i para fortalecer os sectores básicos" e, ao mesmo tempo, posicionar Galiza en novos nichos de emprego. Por iso, o Bloque propón duplicar o investimento en innovación e desenvolvemento en sectores como biotecnoloxía, robótica e tecnoloxías de transformación alimentaria.
Non podemos seguir perdendo trens e Feijóo colócanos no vagón de cola da innovación con cifras moi por debaixo da media estatal, o que fixo que Galiza perdese 973 empresas con actividades innovadoras desde a súa chegada á Xunta.
En relación á terceira prioridade política do BNG para o novo curso político, Pontón dixo claro que 2017 ten que ser o ano en que a loita contra o terrorismo de xénero se asuma como un problema de Estado, e todas as forzas políticas, asociacións feministas e axentes sociais poñamos en marcha un Pacto galego contra a violencia machista.
Como medida de aplicación inmediata, a proposta do Bloque é dar un salto cualitativo en canto a recursos, pasando dos 5 millóns de euros actuais a consignar 95 millóns nos orzamentos deste ano durante a tramitación parlamentaria.
Ademais, o BNG proporá no primeiro pleno medidas concretas como a implantación de xulgados específicos en todas as cidades e mellorar o mecanismo de avaliación de riscos de sufrir violencia de xénero, xa que o actual, en forma de test, non funciona, como demostra que a metade dos casos foron desestimados ao non detectar unha situación de risco.
Igualmente, hai que facer unha avaliación da Lei galega contra a violencia machista tras dez anos da súa aprobación, incluír o termo feminicidio, aprobar o estatuto da vítima e abrir todos os medios e programas de axudas a todas as mulleres que sufran violencia.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.