
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
A Coordinadora de En Marea acordou impulsar unha candidatura única nas vindeiras eleccións ao Consello das Marea, unha candidatura "de consenso participada por todo o espazo da confluencia" e que se formará coa "escoita activa e sintetizando as distintas achegas políticas e persoais".
A Coordinadora dirixiu unha carta aos inscritos de En Marea lembrando que o día 10 de xaneiro se abre o prazo de presentacións de candidaturas ao Consello das Mareas. A coordinadora lembra que esta será "a primeira dirección electa de En Marea" e que responderá aos "compromisos que asumimos na asamblea de Vigo e ao espíritu de construción do noso espazo en clave cooperativa e non competitiva".
Para a Coordinadora de En Marea, a intención para este proceso electivo que se abre a vindeira semana é "crear as condicións para unha candidatura de consenso participada por todo o espazo da confluencia". A coordinadora pediu aos inscritos, trala reunión de hoxe, que contribúan a construír esta candidatura "tanto a nivel programático como no que se refire ás persoas que integrarán o Consello das Mareas".
A Coordinadora de En Marea lembrou tamén que segue activa a plataforma para inscribirse e que a inscripción é un requisito impresdincible para participar.
Fotografía: archivo GD / En Marea.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.