Noticias

El BNG propone un Parlamento gallego más ágil y abierto a la sociedad

Las diputadas nacionalistas Ana Pontón y Olalla Rodil anunciaron que el BNG presentará una iniciativa para agilizar los tiempos en los trámites de las iniciativas y posibilitar que la ciudadanía y agentes sociales defiendan sus demandas en la Cámara gallega, así como “reducir os tempos nos trámites das iniciativas” e recoñecer o dereito de “peticións”, evitando “o triunfalismo de Feijóo".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón anunciou a presentación dunha iniciativa destinada a “axilizar o Parlamento” para dar unha resposta rápida aos problemas de Galiza e abrir esta institución á participación dos galegos e galegas. Neste sentido, rexistrará , nos vindeiros días, unha proposta para “reducir os tempos nos trámites das iniciativas” e recoñecer o dereito de “peticións” para que cidadáns e asociacións podan directamente presentar as súas queixas con “voz directa” no Parlamento galego.

Para a portavoz do BNG é todo un síntoma que o goberno da Xunta confunda a súa maioría absoluta con ter “patente de corso” para esquivar o Parlamento. Levamos tres meses de lexislatura na que non houbo ningunha comparecencia en pleno de ningún dos membros do goberno, e isto , “non ten precedentes na historia do Parlamento”. Nestes días produciuse o asasinado en Galiza de dúas mulleres e tamén a xudicialización dos xestores públicos dos tratamentos da hepatite C,d ende o BNG consideramos que esta situación política e social require “dun goberno activo” e con propostas no Parlamento.

Por outra banda, explicou Pontón, no inicio de ano será debatido o sistema de financiamento, e Feijóo nin o conselleiro da Facenda remitiron aínda á Cámara galega “a súa posición”. Vemos con decepción que a a proposta do BNG sobre un concerto económico para blindar os servizos públicos e que Galiza teña recursos só atopara a descualificación do Partido popular.

Para a portavoz nacionalista, “Feijóo non ten iniciativa nin ambición de país” o que, o seu entender, condúcenos a “irrelevancia política”, unha actitude, recalcou con consecuencias económicas importantes para moitas persoas. Esta semana coñecíamos un dato, para nós “alarmante”, Galiza perderá nunha década a metade dos traballadores o que demostra, asegurou a nacionalista que as medidas económicas do Goberno galego, “fracasaron” e por iso non entendemos o “triunfalismo” de Feijóo nesta materia.

Ana Pontón tamén puxo como exemplo a falta de impulso político dos orzamentos e negou o seu carácter expansivo. No BNG non compartimos as contas da Xunta para o 2017 e presentaremos unha emenda para a súa devolución. “Os orzamentos son continuistas, non aportan ningunha medida contra a crise e non garanten salarios dignos”. O goberno continua cunha política fiscal regresiva e será incrementada a débeda nun 19% que ascenderá a dous mil millóns de euros. Os orzamentos da Xunta non apostan polo rescate dos servizos públicos, a innovación ou o emprego de calidade.

As nosas emendas estarán centradas nunha aposta pola innovación, o retorno da mocidade, o rescate da Sanidade, unha renda de garantía social e un “pacto galego contra a violencia de xénero”, dotado con 95 M€ para atender a prevención, a formación, sensibilización e mellorar a rede de acollemento para aquelas mulleres que padezan esta violencia.

“Quen diga que se pode desenvolver a Lei contra a violencia de xénero con 5 Millóns de euros, descoñece o alcance e necesidades plasmada nesa Lei. O Goberno galego debe ir máis alá porque os recursos son insuficientes e resulta imprescindible avanzar na resposta de todos os servizos ante un caso de violencia”.

Pola súa parte, a viceportavoz do Grupo parlamentario, Olalla Rodil que valorou os primeiros meses de Lexislatura criticou a “prepotencia” do Goberno e a nula intención para o diálogo co resto das forzas parlamentarias. No que levamos vivido, neste período, Feijóo e o seu goberno “ningunean “ o Parlamento e cremos que hai dous exemplos para ilustrar esa actitude, dúas mulleres foron asasinadas, en menos de 12 horas, e non se produciu ningunha comparecencia pública para dar explicacións e de non ser polas forzas da oposición en sesión plenaria, “o Goberno de Feijóo daría carpetazo ao asunto”. Por outro lado coñecemos que a Audiencia ampliou a imputación de dous altos cargos da Xunta por homicidio imprudente no tratamento da Hepatite C, en tampouco houbo ningún pronunciamento por parte do Goberno galego e cando pedimos explicacións no Parlamento, “o goberno volveu a pasar o rodillo e dar a calada por resposta”.

Olalla Rodil coincidiu coa portavoz parlamentaria, Ana Pontón en cualificar o Parlamento como unha “institución cunha burocracia excesiva á hora de dar resposta aos problemas de Galiza” polo que insistiu na necesidade de reducir os tempos na tramitación das iniciativas para “axilizar e adaptar a Cámara galega ás necesidades deste país”

R., 2016-12-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES