Noticias

Música funk y soul despide el año en la Praza do Obradoiro de la capital de Galicia

Cais Sodré Funk Connection reúne a veteranos de la música portuguesa, como Cool Hipnoise, Orelha Negra, Mr. Lizard, Afonsinhos del Condado o Sitiados. Su primer disco vio la luz a finales de 2012, y desde entonces la banda no dejó de animar fiestas y pistas de baile por todo Portugal ofreciendo un viaje por la historia de la música negra con temas de James Brown, Otis Redding o Ray Charles.

Nota del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago:

O Concello anima á cidadanía a despedir o ano na praza do Obradoiro cunha gran festa na que a música será a protagonista. As celebracións comezan ás 23:15 horas, con parada para as badaladas, que serán retransmitidas en directo pola Televisión de Galicia. Para cumprir coa tradición, o Concello repartirá mil bolsiñas con uvas e outras tantas bolsas de cotillón ás mil primeiras persoas en chegar á praza.

Despois do parón para as badaladas, continuará a música no Obradoiro ata altas horas da madrugada. Os encargados de animar a festa serán Cais Sodré Funk Connection, un grupo lisboeta apaixonado polo funk e o soul, que recrea o son e o ambiente dos clásicos da Motown, Stax, Chess Records e outras editoras míticas das décadas dos 60 e os 70.

Cais Sodré Funk Connection reúne a veteranos da música portuguesa, como Cool Hipnoise, Orelha Negra, Mr. Lizard, Afonsinhos do Condado ou Sitiados. O seu primeiro disco viu a luz a finais de 2012, e dende entón a banda non deixou de animar festas e pistas de baile por todo Portugal. Nos seus espectáculos, Cais Sodré Funk Connection realizan unha viaxe pola historia da música negra, recuperando algúns dos temas máis coñecidos de James Brown, Otis Redding ou Ray Charles.

R., 2016-12-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-gaivota-cdg.JPG) A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukušić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukušić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.
A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES