Noticias

Los micromedios cogen impulso en Internet en Galicia. El 97.5% de los jóvenes gallegos de entre 16 y 24 años acceden a la red

El 97,5% de los chicos y chicas gallegos de entre 16 y 24 años acceden habitualmente la Internet y, en su práctica totalidad, emplean la red para, entre otras variables, "leer o descargar noticias de periódicos y revistas", según el informe A comunicación en Galicia 2015 que se presentó en el Consello da Cultura Galega (CCG).

Nota de prensa del Consello da Cultura Galega:

O 97,5% dos mozos e mozas galegos de entre 16 e 24 anos acceden habitualmente a Internet e, na súa práctica totalidade, empregan a rede para, entre outras variables, “ler ou descargar noticias de xornais e revistas”. Entre toda a oferta dispoñible en Internet poden informarse a través de novos micromedios: cabeceiras mantidas por usuarios ou pequenos grupos de particulares con dinámicas propias dun medio de comunicación. Así o recolle o informe A comunicación en Galicia 2015 que vén de se facer público e serve de marco para a xornada Panorama de iniciativas culturais galegas na rede que o martes 8 de novembro, se desenvolveu no Consello da Cultura Galega. Nela, profesionais de medios como Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Campo Galego, Teo Vivo, Que pasa na costa, Palabra Comum, A sega ou Gz Música achegan as súas experiencias para coñecer o estado actual das publicacións culturais galegas na rede.

“A crise económica, os cambios no sector da comunicación e a dinámica de transformación das redes sociais provocaron estes anos o nacemento do que se definiu como micromedios: as cabeceiras mantidas por usuarios ou pequenos grupos de particulares que inclúen as diferentes dinámicas propias dun medio de comunicación pero a pequena escala: elaboración de contidos xornalísticos, facturación publicitaria ou por outras vías”. Así se tira do artigo sobre a Internet galega asinado por Xosé López, Manuel Gago e Xosé Pereira no informe A comunicación en Galicia 2015 que o Consello da Cultura Galega acaba de facer público. Cal é o público ao que se dirixen estes micromedios? No informe constátase que a porcentaxe de conectividade a Internet da sociedade galega aproxímase a un sesenta por cento, sendo unha das comunidades españolas con menor penetración. Cómpre salientar que no caso da mocidade acada un 97,5% e sitúase basicamente nas áreas urbanas de Vigo, Pontevedra, Santiago e A Coruña. Buscar información e servizos, recibir ou enviar correo electrónico e ler eou descargar noticias son os seus principais hábitos de uso. Este foi o marco de traballo da xornada Panorama de iniciativas culturais galega na rede que se desenvolveu o martes, 8 de novembro, no Consello da Cultura Galega.

Joao Canavilhas, da Universidade da Beira Interior, Alberto Marinelli (Università da Sapienza de Roma) e Andreu Casero Ripollés (Universitat Jaume I de Castellón) foron os encargados de debuxar o contexto internacional na actual sociedade líquida con especial atención á de televisión e cultura e o quinto poder na rede, monitorización, comunicación, cidadanía e democracia: novas estratexias e novos territorios na era 2.0. Pola súa banda, Hakan Casares, do Observatorio da Cultura Galega, abordou a cuestión das industrias culturais e creativas galegas na rede (entre as cales están as publicacións), un sector que move o 2,5% do PIB con 27.500 empregados e move 4,4M de euros en exportacións. Cun 35% do gasto cultural das familias dedicada ao tratamento da información e Internet, Casares sinalou que os seus grandes desafíos son o financiamento, a pouca cooperación inter/intrasectorial, os mercados internacionais, a formación, protección da propiedade intelectual e cambios nos hábitos dos consumidores. Pero existen tamén moitas oportunidades, engadiu, como a gran demanda e novos nichos de mercado, mercado de contidos amplo, novas formas de distribución, o interese ado sector TIC e das ICC para crear sinerxías, financiamento público e o turismo cultural.

A continuación, e logo das panorámicas internacionais e galega, foron os responsables de diferentes medios, David Lombao (Praza Pública), Xurxo Salgado (Galicia Confidencial), Rocío Castro (Sermos Galiza), David González (Campo galego), Ana Conde (Teovivo), Ubaldo Cerqueiro (Que pasa na costa, Alfredo Ferreiro (Palavra Comum), Lara Rozados (A sega) e Daniel Lavesedo (GZ Música) quen expuxeron as súas experiencias particulares.

Por outro lado, o informe A comunicación en Galicia 2015, coordinado por Xosé López García e Rosa Aneiros Díaz, aglutina quince artigos de vinte e tres autores que abordan cuestións tan diversas como a prensa, a radio, Internet, o cinema, as relacións públicas, a publicidade, os gabinetes de comunicación, as telecomunicacións, a televisión, ademais de novas experiencias do campo da comunicación.

R., 2016-11-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES