
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
No marco da rolda de encontros sectoriais que está mantendo En Marea con colectivos e sindicatos, xuntouse cunha representación do grupo parlamentario mantivo unha xuntanza no Parlamento de Galicia co Sindicato Labrego Galego. Trala xuntanza, o deputado de En Marea na Comisión de Agricultura, Davide Rodríguez, anunciou que dende En Marea solicitarán o adianto no pago das axudas da PAC ao mes de outubro, tal e como perciben os gandeiros doutros países veciños europeos. Estamos a mes de novembro e en Galicia aínda non sabemos nada delas, denunciou a Secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba.
Ademais, En Marea solicitará información á Consellería de Medio Rural sobre o desglose de prezos que as industrias lácteas lles están pagando ás granxas galegas pois, como sinalou Davide Rodríguez, sabemos que hai gandeiros que non cobran só 16 céntimos por litro. Sobre os novos proxectos lácteos anunciados pola Xunta, dende o SLG teñen serias dúbidas de que prosperen e de que vaian supor melloras na precaria situación dos gandeiros e gandeiras."En todo caso se se financia con diñeiro público un proxecto, temos que esixir que o pago que se fai polo leite sexa xusto", reivindicou Isabel Vilalba.
Doutra banda, o SLG tamén informou a En Marea que a Xunta está desmantelando as Oficinas de Extensión Agraria e que non existen programas de formación para a xente nova que se incorpora a traballar no medio rural, pois a administración eliminou as partidas dos programas de formación que levaban a cabo as organización sindicais agrarias.
Os deputados da Comisión de Agricultura do Parlamento, Davide Rodríguez e Paula Quinteiro, tamén se reuniron co Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, que serviu para recoller as principais demandas e necesidades do sector vitivinícola da comarca , así como para intercambiar perspectivas de mellora para os adegueiros.
O despoboamento na comarca e a falta de relevo xeracional, o problema importante de acceso á terra de produción, o prezo na venda da uva, a comercialización do produto, as axudas das administracións e o papel da Administración autonómica no sector vitivinícola, son só algúns dos temas abordados no encontro, que serviu para por en común visións e propostas para trasladar ao Parlamento galego como esixencia dunha aposta clara e decidida polo sector vitivinícola por parte da Administración autonómica.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.