Noticias

Antón Sánchez y Carmen Santos, portavoces parlamentarios de En Marea. Feijóo se propone blindar la estabilidad en esta legislatura

Reparto de fuerzas en En Marea: el dirigente de Anova, Antón Sánchez, y la secretaria general de Podemos Galicia, Carmen Santos, ocupan las dos viceportavocías del grupo parlamentario En Marea liderado por Luis Villares. Además, la militante de EU Eva Solla se instala en la Mesa del Parlamento gallego que arranca una legislatura en la que Feijóo quiere blindar la estabilidad y legislar con responsabilidad.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Grupo Parlamentario del PPdeG:

O Presidente do PPdeG e do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que o grupo maioritario no Parlamento galego traballará na vindeira lexislatura co “cometido de blindar a estabilidade, lexislar con responsabilidade e traballar con unidade a prol do futuro de Galicia”. Respecto do nomeamento dos cargos institucionais no Parlamento e no Grupo Popular, Feijóo abriu un prazo de 48 horas para que os deputados do PPdeG propoñan as persoas que ao seu xuízo deben ocupar estes cargos na X lexislatura.

Ao remate da xuntanza mantida cos deputados que conforman o Grupo Popular, Feijóo explicou que “somos 41 galegas e galegos con diferente formación e traxectorias profesionais, pero que agora compartimos unha misión común: traballar por e para Galicia”. Neste sentido, apuntou que “unha terceira parte dos deputados do Grupo Parlamentario ocupan un escano por primeira vez e case a metade non estaban na mesma reunión que mantivemos en novembro de 2012, ao inicio da pasada lexislatura”.

“Traballaremos para que esta Cámara non contribúa a desprestixiar a política, para que o Parlamento galego encarne os mellores valores do servizo público e para que os cidadáns perciban que non estamos aquí para darlles problemas, senón para achegar solucións”, manifestou.

O Presidente do PPdeG engadiu que “queremos que esta lexislatura sexa útil para Galicia, que garanta a estabilidade necesaria para que as galegas e os galegos poidan encargarse do verdadeiramente importante: do benestar dos seus e do progreso do país”. “Somos o único grupo parlamentario maioritario nos 17 parlamentos autonómicos e, en consecuencia, temos que garantir a estabilidade política de Galicia durante os vindeiros catro anos: Galicia será unha comunidade autónoma estable, cun grupo parlamentario estable, cun goberno estable e cun Presidente estable”, afirmou.

Neste sentido, amosou a súa esperanza en que nestes catro anos haxa unha oposición “construtiva e responsable, que traslade con eficacia a voz das persoas que optaron por outras opcións políticas”. “Como fixemos na pasada lexislatura, estamos dispostos a dialogar, a buscar consensos e a chegar a acordos, porque as mans tendidas sempre foron máis útiles que as trincheiras”, apuntou.

Respecto das persoas que ocuparán os cargos institucionais do PPdeG na Mesa do Parlamento e na portavocía e viceportavocías do Grupo Parlamentario, Feijóo fixou un prazo de 48 horas para que as deputadas e deputados lle trasladen a súa opinión e as súas preferencias. “Tendo en conta esas 40 opinións e máis a miña propia, proporemos as persoas que, ao noso xuízo, deben ocupar eses cargos na X lexislatura do Parlamento galego”, dixo.

Feijóo explicou que os deputados do Grupo Popular asinaron hoxe un compromiso ético, do mesmo xeito que fixeran no 2012, que recolle unha serie de obrigas e compromisos. “Non nos conformamos con que os nosos deputados cumpran escrupulosamente a legalidade e as obrigas parlamentarias, senón que teñen que ir un paso máis alá e adecuarse ás máis estritas esixencias éticas”, manifestou.

Entre as medidas que figuran neste compromiso ético está non realizar ningunha actividade que poida danar a imaxe do Parlamento; separar decididamente as actuacións do ámbito público das do ámbito privado; empregar de xeito responsable os medios materiais que facilita a Cámara; poñer a acta a disposición do partido en caso de adquirir a condición de investigado; ou cesar inmediatamente en caso de procesamento con calquera tipo de medidas cautelares. “Queremos que todos os galegos se poidan sentir orgullosos deste Parlamento e dos seus deputados”, sinalou.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del Grupo Parlamentario del PPdeG

R., 2016-10-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES