
Nota de prensa del Gabinete de Grupo Puentes:
Grupo Puentes ha firmado el contrato con el Instituto Ecuatoriano de Seguridad Social (IESS) para la construcción, equipamiento y mantenimiento del nuevo Hospital IESS Quito Sur, por un importe superior a los 200 MM USD.
Esta nueva adjudicación, lograda con la participación contractual de la empresas China Railway First Group (empresa pública China) y Semaica (empresa de Ecuador), supone la consolidación del Grupo en el sector Hospitalario, así como su posicionamiento como una de las empresas constructoras líderes en el mercado ecuatoriano.
El centro hospitalario IESS Quito Sur, con un plazo de ejecución de trece meses, contará con una dotación inicial de 420 camas a fin de brindar un servicio oportuno y de calidad a la comunidad quiteña y a todos los ecuatorianos.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A directora da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), María Victoria González, mantivo un encontro con persoal do Catastro de Ecuador e con varios investigadores universitarios dese país no que lle trasladou as políticas fiscais que está levando a cabo a Xunta no eido rural, incluído o programa de impostos cero en vigor dende o pasado 1 de xaneiro.
A delegación de Ecuador visitou a Comunidade Autónoma e aproveitou para coñecer o funcionamento da Axencia Tributaria de Galicia. Esta actividade enmárcase nun proxecto de cooperación entre o Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Goberno de Ecuador, que ten como obxectivo estudar alternativas que melloren a autonomía fiscal dos seus municipios a través daqueles impostos relacionados co uso e a transmisión da terra.
Así, os investigadores ecuatorianos e o persoal da Dirección Nacional de Avalúos e Catastros de Ecuador visitaron diversas institucións para coñecer o funcionamento dos procesos de valoración e cargas impositivas que ten a terra en Galicia. Na súa visita á ATRIGA estiveron acompañados polo profesor da USC José María Tubío.
Neste sentido, a directora da ATRIGA explicoulles a política de impostos cero levada a cabo pola Xunta de Galicia; o funcionamento e os aspectos técnicos do imposto de transmisións patrimoniais; así como os diversos medios de valoración empregados pola Axencia Tributaria de Galicia. Pola súa parte, os representantes ecuatorianos que participaron na visita destacaron a utilidade do encontro para a creación dun Observatorio de Mercado de Valores en Ecuador.
Na reunión mantida coa delegación ecuatoriana, a directora da ATRIGA explicoulles que dende o 1 de xaneiro deste ano, o Goberno galego puxo en marcha un programa de impostos cero no rural para favorecer a actividade neste eido.
Isto supón que os galegos non pagan impostos pola transmisión ou agrupación de fincas rústicas, co obxectivo de dinamizar o campo e as actividades produtivas máis vencelladas ao sector primario.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.