Noticias

Voces femeninas en el BNG: Olalla Rodil y Montse Prado serán las viceportavoces de Ana Pontón en el Grupo Parlamentario

Tres mujeres serán, finalmente, las que ocupen los puestos destacados del Grupo Parlamentario del BNG en la legislatura 2016-2020: con Ana Pontón al frente estarán en el Pazo do Hórreo las diputadas Olalla Rodil y Montse Prado como viceportavoces primera y segunda, respectivamente. Además, Montse Prado ejercerá labores de coordinación, según se informó en rueda de prensa.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O traballo do BNG no Parlamento terá como obxectivos mellorar a vida d@s galeg@s e consolidar unha alternativa ao PP. Os deputados e deputadas asumen as áreas de responsabilidade para a nova lexislatura. Galicia está en situación de emerxencia social cun número crecente de persoa que non chegan a fin de mes e, nese contexto, o grupo parlamentario do BNG centrará a súa estratexia de traballo na Cámara nun dobre obxectivo: mellorar a vida dos galegos e das galegas trasladando ao lexislativo propostas para resolver os problemas reais da maioría social, e traballar para consolidar un proxecto nacionalista que sexa alternativa ao PP.

“A nosa función é ser catalizadores das preocupacións da sociedade e sobre todo das propostas para mellorar a situación económica, a situación dos servizos públicos, de emerxencia social. A nosa estratexia é a da defensa dos intereses de Galiza e dos galegos e das galegas”, explicou a portavoz nacional, Ana Pontón. Neste sentido, aposta polo diálogo.

“As coincidencias que se podan dar no Parlamento teñen que vir porque haxa posibilidades de sacar adiante cuestións específicas que beneficien ao país, desde o diálogo, como é lóxico, escoitándonos, pero tamén sabendo que somos proxectos políticos diferentes. En todo caso, na defensa dos intereses de Galiza, o BNG sempre vai ter a man tendida”, salientou Pontón.

Pontón indicou que o Bloque vai desenvolver un traballo de oposición marcado polo “optimismo” e desde a “solvencia e experiencia acumulada” dun proxecto nacionalista necesario para o país.

O Grupo parlamentario do BNG trasladará a Executiva nacional a proposta de reparto de responsabilidades. Ana Pontón asume a portavocía na Cámara ademais das áreas de Economía, Igualdade, dereitos democráticos e autogoberno. Olalla Rodil a primeira vice portavocía así como as responsabilidades sobre Ensino, Cultura, Lingua e control da CRTVG, Montse Prado ocupa a segunda vice portavocía, asume a responsabilidade de coordinación do traballo do grupo e as áreas de Sanidade, Servizos Sociais e Pesca.

O deputado Xosé Luís Rivas, Mini, pasa a ser o portavoz en Medio Rural, Noa Presas a responsable de Industria e Enerxía e Luís Bará asume a portavocía para Territorio, Medio ambiente e Institucional.

En relación á conformación da Mesa como órgano de goberno da Cámara, Pontón indicou que sería positivo que recollera a “pluralidade” do hemiciclo que non existiu na pasada lexislatura, pero que iso depende da vontade dos grupos parlamentarios. En todo caso, “a nosa preocupación non son os cargos na mesa senón o traballo de oposición, as iniciativas que presentemos e reformar o proxecto político do nacionalismo”, explicou.

Preguntada pola posibilidade de que Feijóo non conclúa o seu mandato de catro anos na Xunta, a dirixente do BNG evita facer especulacións pero entende que sería unha “fraude. Igualmente, considera que a situación do Estado demostra que o réxime do 78 está esgotado ao que se suma a “incapacidade” da esquerda estatal para chegar a acordos sobre todo unha falta de vontade de diálogo con outras alternativas democráticas como as nacionalistas.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2016-10-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES