Noticias

Cataluña, Portugal e Irlanda se posicionan como referentes externos de las Irmandades da Fala

El debate organizado en Santiago de Compostela por el Consello da Cultura Galega sobre el contexto internacional de las Irmandades da Fala posiciona a Cataluña, Portugal e Irlanda como sus grandes referentes externos, según los expertos, que contextualizan también su nacimiento en 1916 con los acontecimientos del sur de Europa.

Nota de prensa del Consello da Cultura Galega:

Cataluña, Portugal e Irlanda conforman os grandes ecos externos das Irmandades da Fala, tal e como afirmou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega na primeira intervención do congreso “O contexto internacional das Irmandades da Fala: as nacionalidades na Europa de entreguerras: de imperios a nación” que ten lugar en Santiago de Compostela. O simposio, coordinado por Xosé M. Núñez Seixas pretende estabelecer unha ollada dende fóra e unha reflexión sobre o peso que os referentes exteriores tiveron nas Irmandades da man dos mellores especialistas europeos na materia.

Trece historiadores europeos transnacionais, pioneiros no ámbito da historia comparada son os encargados de contextualizar o movemento das Irmandades para entender o seu significado de xeito global e comparado. Os expertos defenderon que o nacemento das Irmandades no ano 1916 non constitúe un feito illado senón que entronca directamente co que estaba a suceder na Europa do momento. Deste xeito, a crise do sistema político da Restauración, a vertente americana no pouso dos emigrantes retornados e o conflito europeo co conseguinte auxe dos nacionalismos na Europa de entreguerras outorgaron ás Irmandades unha dimensión internacional da que os seus integrantes foron conscientes. A reivindicación nacional era o signo dos tempos e Galicia mergullou nesa vaga internacional con claros referentes en Cataluña, Portugal e Irlanda. O seu programa de regaleguización, atención aos problemas económicos e a autonomía como forma de autogoberno non chegou a se consolidar como unha ruptura xeracional completa, pero foi crucial na ruptura cultural coa creación de numerosos elementos simbólicos (prosa, efemérides, música, himno, bandeira, monumentos) que conforman o repertorio do nacionalismo, tal e como defendeu o profesor Ramón Villares.

O politólogo Ramón Máiz abordou a Nación imposible: identidade e nacionalidade na crise do imperio austrohúngaro da man do político austríaco Otto Bauer e do escritor Robert Musil. A súa novela inacabada “O home sen propiedades” permitiulle ao profesor da USC establecer as tensións do modernismo-postmodernismo e as múltiples ideas de nación dun dos grandes referentes da literatura austríaca. Pola súa parte Joep Leerssen, da Universidade de Ámsterdam e experto en historia dos nacionalismos, impartiu a conferencia titulada Nacionalismo, transferencia cultural e historia transnacional. A coincidencia temporal en Europa no ano 1916 da longa batalla de Verdún, a proclamación da República de Irlanda e o nacemento das Irmandades da Fala servíronlle ao profesor danés para esbozar unha análise da mobilidade cultural e mobilización política: a dinámica transnacional, a acción nacional. Finalmente, Malte Rolf da Universidade Otto-Friedrich de Bamberg analizou o papel dos bolxeviques, a guerra civil rusa e as nacionalidades.

A sección da tarde aborda a difusión do principio das nacionalidades na Europa coas conferencias sobre o impacto da IGM nos movementos nacionalista da Europa occidental (Xosé M. Núñez Seixas), as linguas e nacionalidades na Europa da IGM (Johannes Kabatek), o impacto da IGM na (re)construción das historias nacionais (Stefan Berger) e os agrarios, agraristas, cuestión nacional e democracia na Europa (Lourenzo Fernández Prieto e Miguel Cabo). A sección III do venres pola mañá tratará a cuestión dos estados-nación e minorías na posguerra (1918-1925) cos relatorios de Francesca Zantedeschi, Stefan Dyroff, Balázs Trencsényi e Laurence Cole.

R., 2016-10-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES