
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O secretario xeral da Presidencia, Manuel Galdo, compareceu para dar conta do arranque da xornada electoral, que se iniciou sen incidencias de relevancia e coa totalidade das mesas electorais xa constituídas.
A apertura da xornada transcorreu con absoluta normalidade e as únicas incidencias rexistradas foron pequenos atrasos nalgunha mesa, en cidades como A Coruña e Ferrol. Na Coruña foi debido á ausencia dalgún dos membros da mesa e os seus suplentes e en Ferrol porque o material foi gardado nun local anexo e faltaba a chave a primeira hora da mañá. En todos os casos estas pequenas incidencias foron solucionadas e as mesas constituíronse sen novidade.
A totalidade das 3.977 mesas electorais repartidas polos 2.463 colexios electorais de Galicia atopábanse constituídas ás 10 horas. Está prevista unha nova comparecencia ás 12,30 horas para dar conta dos primeiros avances de participación.
En total, o censo electoral nestas eleccións ao Parlamento galego elévase a 2.701.848 persoas, xa que aos 2.255.579 millóns de electores censados en Galicia hai que sumarlle os 446.269 inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA). O electorado conta con preto de 35 millóns de papeletas e tres millóns e medio de sobres de votación.
Para a recollida da información habilitouse un dispositivo do que forman parte 2.716 representantes da Administración, que por primeira vez nas eleccións galegas contan cada un cunha tableta para a transmisión de datos da votación desde os colexios electorais ata o centro de procesamento da información.
Todos os cidadáns poderán ter acceso aos datos en tempo real na páxina web http://resultados2016.xunta.gal, onde se ofrecerán datos do escrutinio provisional a nivel autonómico, provincial, comarcal e por concellos, así como datos de participación segundo se vaian recibindo. Esta web é accesible desde dispositivos móbiles como smartphones ou tabletas e permite seguir tamén as roldas de prensa, tanto en directo como en diferido.
VÍDEO: Rueda de prensa de las 12h
Fotografías y más información: Resultados 25S
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.