Noticias

Candidatos del PPdeG, PSdeG, BNG, AGE y Ciudadanos se encuentran en la CRTVG, en el único debate "a cinco" de la campaña

La CRTVG organiza el único "debate a cinco" de esta campaña en la que se cuela el aspecto personal tras conocerse la noticia de la próxima paternidad del candidato del PPdeG, Núñez Feijóo. El resto de candidatos (Leiceaga, por el PSdeG; Pontón, por el BNG; Villares por En Marea y Losada por Ciudadanos), junto con el actual presidente gallego, abordaron 5 bloques temáticos: economía y empleo, sectores productivos, políticas de bienestar, regeneración democrática y modelo institucional.

Nota publicada en la web de la CRTVG:

Os xornalistas Marta Darriba e Kiko Novoa moderan o debate electoral entre os candidatos das cinco forzas políticas máis representativas en Galicia (Alberto Núñez Feijóo polo PP, Xaquín Fernández Leiceaga polo PSdeG-PSOE, Ana Pontón polo BNG,Luís Villares por En Marea e Cristina Losada por Ciudadanos), que se emite en directo e simultáneamente pola televisión e a radio públicas galegas, no que será un dispositivo de medios humanos e técnicos sen precedentes.

En canto ao desenvolvemento do debate, todos os candidatos/as á presidencia da Xunta de Galicia participan con igualdade de tempos e este estruturarase nos seguintes bloques temáticos, de 20 minutos de duración cada un: economía e emprego, sectores produtivos, políticas de benestar, rexeneración democrática e modelo institucional.

Como normal xeral dentro de cada bloque, cada candidato terá catro minutos repartidos entre dúas intervencións, quedando aberta a posibilidade dunha réplica no caso de alusións persoais e reiteradas. Os candidatos estarán de pé cun atril diante e en semicírculo e disporán dun minuto sen interrupcións para a intervención inicial e outro para o peche do debate. Para favorecer a actividade nas redes sociais, o debate pode comentarse en Twitter co cancelo #debatecrtvg.

NoticiaAdemais, para favorecer a accesibilidade das persoas xordas, unha hora despois do seu inicio, o debate comeza a emitirse a través da tvG2 en lingua de signos, sendo a primeira vez que unha cita electoral deste tipo se ofrece nesta lingua. O debate tamén se transmitepolas canles internacionais para Europa e América e pola páxina web da CRTVG (www.crtvg.gal).

A cobertura da TVG, de case seis horas de programación ininterrompida, comezou ás 19.00 h. cunha edición especial e máis longa do programa “Área Pública”, presentado por Susana López, que contou coa participación dos xornalistas José Luís Jiménez, Mapi Egea, José Luis Gómez eAlfonso Riveiro. Despois dun “Telexornal Serán” de só media hora (21.00 h.), chegou o gran momento ás 21.30 h. cun debate a cinco que irá seguido dunha nova entrega de “Área Pública”, que recol as valoracións despois do debate que fan os propios candidatos.

NoticiaNo caso da Radio Galega, a programación especial comeza a ás 21.00 h., cun faladoiro político, moderado por Xavier Ares, en que participan Manolo Pérez Álvarez, colaborador habitual da emisora e ex deputado do Parlamento galego; Javier Garrido Valenzuela, presidente do Círculo de Empresarios de Galicia; o politólogo Xesús Vega e a xornalista María Martínez Val.

R., 2016-09-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES