
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, manifestou en Santiago que mentres uns enredan coa data das eleccións como cortina de fume e outros coas liortas internas, os socialistas galegos consideran prioritario neste momento impulsar a axenda de Galicia no novo escenario político.
Nunha rolda de prensa, Leiceaga apuntou que nestes días a vida política xira arredor da formación dun futuro goberno en España, amosando a súa perplexidade por como están actuando neste contexto os diferentes axentes políticos galegos.
Feijóo segue de comentarista da actualidade, acusando agora de tics antidemocráticos á oposición por impedir que Rajoy sexa presidente; non entende as democracias parlamentarias nin os resultados do 26-X, xa que os cidadáns déronlle ao PP o primeiro posto pero sen maioría absoluta, aseverou.
Neste tempo de pactos, é importante pactar sobre o que queremos facer, sobre as prioridades de goberno e as prioridades para os cidadáns, polo que os socialistas galegos facemos un exercicio de responsabilidade para impulsar a axenda política galega, o decálogo de medidas que presentamos na campaña debe condicionar ao novo goberno, dixo o candidato do PSdeG.
En opinión de Leiceaga, noutro lado do espectro político, a nova política fíxose vella moi rápido, o relevante é a opinión de tres ou catro líderes e non a da militancia, deben tomar nota das primarias socialistas; están enredados en liortas e en xubilar a referentes que ata hai pouco tempo eran incuestionables, pero agora converteron nun xarrón chino.
No citado decálogo, o PSdeG situaba como primeiro punto o sistema de financiamento autonómico, hai que impulsar a súa revisión para reforzar os servizos básicos cun aumento dos recursos das comunidades. Temos que mellorar o fondo de compensación interterritorial, e repartir os recursos en función de factores como a dispersión e o avellentamento, engadiu Leiceaga.
O segundo punto do decálogo era a política económica, coas prioridades dos sectores enerxético, naval, o lácteo e a pesca, dixo a candidato do PSdeG, que rematou demandando o cumprimento dos prazos previstos para as infraestruturas.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.