
La Executiva Nacional del BNG ha dado por "roto" el gobierno bipartito provincial en la Diputación de Lugo, encabezada por el socialista Darío Campos, y pide a la dirección del PSOE en Galicia que "desautorice" el acuerdo de presupuestos que se aprobaron con el voto a favor del PPdeG y la crítica del BNG.
El presidente del PPdeG, Núñez Feijóo, en el caso estatal, asegura que prefiere un acuerdo de gobierno con el PSOE a su abstención, mientras se muestra "más esperanzado" en lograr la mayoría absoluta en los comicios autonómicos de otoño. Puy asegura que el PPdeG está "en mejor disposición" de afrontar las autonómicas y Rueda destaca la victoria del PP en "sitios tan significativos" como Vigo.
En Marea, que perdió apoyo electoral y el diputado por la provincia de Ourense que consiguiera el 20D, promete autocrítica pero no renuncia a liderar una alternativa al PP ni a su "derecho" a plantear la creación de un grupo propio en el Congreso. El alcalde de Ferrol apela a dejar a un lado "diferencias" de En Marea, mientras su homólogo de A Coruña atribuye la desmovilización al "ruido interno" de En Marea y el regidor de Santiago de Compostela no cree que la bajada de la formación en las tres ciudades que gobiernan sea "un correctivo", aunque admite "desgaste".
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
O BNG cualificou de malos os resultados do 26X nun contexto especialmente difícil e adverso para o nacionalismo, nunhas eleccións convertidas en presidenciais cun menú precociñado a catro, no que Galiza estivo máis desaparecida ca nunca no debate político, pese aos esforzos do Bloque por galeguizar a campaña.
A portavoz nacional, Ana Pontón, foi a encargada de poñerlle voz á valoración electoral, sen panos quentes pero tamén facendo un chamamento para empezar xa a traballar coa vista posta nas eleccións galegas.
Empezamos desde xa a traballar para que o BNG sexa decisivo nas eleccións galegas de outubro, salientou Pontón, facendo fincapé na dinámica diferente dos comicios autonómicos. O noso obxectivo é ser peza chave na derrota do PP e afianzar a representación do Bloque como garantía dun cambio real no país, desde un proxecto que ten a cabeza e o corazón en Galiza, argumentou. Para o BNG, a campaña das eleccións galegas comeza hoxe mesmo, proclamou.
Con ese obxectivo e con ese reto, Pontón fixo un chamamento a toda a militancia, a todas as persoas nacionalistas, a todas as persoas que senten o país para traballarmos unidas polo avance do nacionalismo e pola derrota da dereita que representan o PP de Núñez Feijóo. A cohesión e a unidade no proxecto do BNG son a mellor fortaleza para derrotar ao PP nas eleccións galegas, expresou co rotundidade a dirixente nacionalista, convencida de que a mudanza política que precisa este país pasa por actuar como nación, por romper a dependencia e por asumir a plena capacidade de decisión.
Pontón trasladou unha sentida mensaxe de agradecemento a toda a militancia e aos simpatizantes do Bloque e das forzas políticas que participaron na coalición BNG-NÓS, así como a todos os candidatos e candidatas, por dar a cara por este proxecto, percorrendo o país, poñendo tanto afecto, intelixencia e compromiso. Desde o BNG fixemos un intento de galeguizar a campaña, por falar dos problemas e das alternativas aos retos que temos os galegos e as galegas, pero non foi posible superar o bipartidismo a catro, explicou Pontón, ao tempo que instaba a traballar de cara ao reto electoral de outubro. Sei que hoxe moitas persoas podem sentir desalento. Mais que sepan que estamos sementando, que defendemos un proxecto diferente para Galiza, unha alternativa nacionalista e a existencia de forzas políticas propias, sen dependencias de organizacións que teñen o seus centros de decisión en Madrid, argumentou.
As dificultades teñen que ser un estímulo par afianzar os cambios iniciados porque somos galegoe e galegas de nación e ás únicas batallas que non se ganan son as que non se dan. Desde o BNG ímolas dar todas, concluíu.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.